domingo, 12 de agosto de 2018

PASOS NO RÍO CERVEIRA - PRADOALBAR - VILARIÑO DE CONSO

PASOS EN PRADOALBAR
RÍO VERVEIRA
PRADOALBAR
VILARIÑO DE CONSO


Pradoalbar
     Santo André de Pradoalbar é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. 



     No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 36 eran homes e 19 eran mulleres.


Lugares de Pradoalbar
     O Invernadeiro, Pradoalbar



Vilariño de Conso
     Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. 



     Segundo o IGE en 2017 tiña unha poboación de 558 persoas (771 en 2003). 


     O seu xentilicio é vilariñés.


Xeografía
     O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.



     Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³, e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1.345 metros de altitude.


     A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxístico.


     Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.


Patrimonio
     Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.



     O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros.



     En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos. 


     Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.


     O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza. É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica.
 


Parroquias de Vilariño de Conso
     Castiñeira (San Lourenzo), Chaguazoso (San Bernabé), Conso (Santiago), Mormentelos (Nosa Señora da O), Pradoalbar (Santo André), Sabuguido (Santa María), San Cristovo (San Cristovo), San Mamede de Hedrada (San Mamede), Veigas de Camba, Vilariño de Conso (San Martiño)



Comarca de Viana
     A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901