martes, 14 de agosto de 2018

FERVENZA DE CENZA - RÍO BIBEI - VILARIÑO DE CONSO

 FERVENZA DE CENZA
RÍO BIBEI
CASTIÑEIRA
VILARIÑO DE CONSO


Fervenza do Cenza
     A fervenza do Cenza é un salto de auga natural situado no río Cenza (afluente do río Bibei) no seu paso pola parroquia de Castiñeira, no concello de Vilariño de Conso. 


     É a fervenza de caída non directa máis alta de toda Galiza con aproximadamente 100 metros de desnivel. O seu caudal viuse afectado pola canteira sitúada non moi lonxe dela


Castiñeira
     San Lourenzo de Castiñeira é unha parroquia do concello ourensán de Vilariño de Conso na comarca de Viana. No ano 2007 tiña 97 habitantes (52 homes e 45 mulleres).


     Nela está a fervenza do Cenza, cunha caída duns 100 metros.


Río Bibei
     O río Bibei é un afluente do Sil pola esquerda da súa marxe, que a súa vez é un afluente do Miño pola súa marxe esquerda. O seu percorrido de 97 km transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo. A superficie da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 1.561 km².


Fontes
     O Bibei nace nas estibacións meridionais do pico do Moncalvo (2.045 m), a 1.891 m de altitude, no País Leonés, pasando despois a Galiza.


Percorrido
     Baña inicialmente parte da comarca zamorana da Seabra, onde atravesa a localidade de Porto. Logo de marcar un sentido N-S, pouco despois desta última localidade vira para realizalo en sentido cara ao norte, formando unha ampla elipse. Cruza partes das comarcas ourensás do Bolo e Trives, ata unirse ao Sil, pola esquerda, case enfronte de Montefurado, xa na provincia de Lugo. Así o Bibei percorre os municipios de Porto, Viana do Bolo, O Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives e Ribas de Sil, todas en Ourense, e Quiroga en Lugo.


      No seu tramo final serve de linde entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga.


Afluentes
     Os afluentes máis importantes, pola esquerda, son o Camba, que se lle xunta en Viana do Bolo, o Conso, o San Miguel e o Navea. O Xares é o máis importante pola dereita. Todos eles dentro da Galiza.


Comarca de Viana
     A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.


     A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901