AS BOUZAS DE ARRIBA
OROSO
A CAÑIZA
Oroso
Santa María de Oroso é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 379 habitantes (191 mulleres e 188 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 451 habitantes.
Aráns, As Bouzas de Abaixo, As Bouzas de Arriba, O Burgo, O Carballal, As Carballeiras, As Cavadas, A Costa, Os Gómez, Guntín, A Igrexa, O Mesón, Paredes, Paredes de Abaixo, O Piñeiro, Os Piornos, Porto Augavella, A Presa, A Quiringosta, Ribadil de Abaixo, Ribadil de Arriba, A Uceira, A Veiga da Alén, Os Xis
Parroquias da Cañiza
As Achas (San Sebastián), A Cañiza (Santa Teresa), O Couto (San Bartolomeu), A Franqueira (Santa María), Luneda (Santa María), Oroso (Santa María), Parada das Achas (Santiago), Petán (San Xián), Valeixe (Santa Cristina)
A Cañiza
A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 5342 habitantes (6719 en 2003), incluídas 126 persoas de orixe estranxeira.
Xeografía
Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (este da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.
O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m).
A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).
Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.
Historia
Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.
Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.
Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.
No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.
En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.
A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.
Na Cañiza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934).
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901