martes, 7 de agosto de 2018

RUINAS BALNEARIO DE REQUEIXO - RÍO BÚBAL - VILAZA - MONTERREI

RUINAS BALNEARIO DE REQUEIXO
RÍO BÚBAL
VILAZA
MONTERREI


Balneario de Requeixo
     Desde Verín chégase enseguida ao pequeno pobo de Vilaza e desde aquí, por unha pista, a Requeixo, que conserva parte da súa arquitectura popular. 


     Pregunta no pobo polo antigo balneario abandonado. Un estreito camiño de terra sombreado por grandes árbores acompañarache ata o solitario lugar. 


     Quedan restos dos seus xardíns bordeados de barandillas brancas e as paredes do seu hotel que debeu ser un edificio elegante.


    Máis arriba seguindo o curso do auga chégase a unha zona de rocas onde nace o manantial.


Vilaza
     San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.



Historia
     Existía un manancial de augas minero medicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, que foi denunciado por Jacinto Becerra Romero. 



     En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda é Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.



Lugares de Vilaza
     A Salgueira, Vilaza




Monterrei
    Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). 



     O seu xentilicio é monterreiés, montederrense ou montederreguense.


Xeografía
     O concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda



Demografía
     O concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España. 



     Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. Na actualidade Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.


Parroquias de Monterrei
   Albarellos (Santiago), Estevesiños (San Mamede), Flariz (San Pedro), Infesta (San Vicenzo), A Madanela (Santa María), Medeiros (Santa María), Monterrei (Santa María), Rebordondo (San Martiño), San Cristovo (San Cristovo), Vences (Santa Baia), Vilaza (San Salvador)




Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901