Mostrando entradas con la etiqueta FERVENZAS E RIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FERVENZAS E RIOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de mayo de 2026

A PONTE DO DEMO - RÍO DEZA - CARBOEIRO - SILLEDA

 A PONTE DO DEMO

RÍO DEZA

CARBOEIRO

SILLEDA

       A Ponte do Demo é unha histórica construción medieval situada no concello de Silleda, que cruza o río Deza. 

      É un punto clave que comunica as terras de Silleda con Vila de Cruces e servía como acceso histórico ao emblemático Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.

Construción: 

      A estrutura actual data maioritariamente do século XVI, aínda que hai rexistros de pontes anteriores neste mesmo lugar desde o século X.

Deseño: 

      Presenta un único arco de sillería coa clásica forma de lombo de mula e acada unha altura de case 15 metros, deseñada para resistir as fortes crecidas do río Deza.

Función: 

       Formou parte dun camiño secular que unía Bandeira con Vila de Cruces, integrándose nunha ruta histórica cara a Santiago de Compostela.

Lendas e Orixe do Nome

      Cóntase que os monxes de Carboeiro, cansos de que o río destruíse a ponte, pactaron co demo para que construíse unha indestructible. A cambio, o demo reclamou as almas de quen a cruzase entre Matinas e Vésperas, pero os monxes enganárono alongando os rezos.

Historia Negra: 

      Historicamente, ao ser un paso obrigado nunha zona profunda e boscosa, foi escenario frecuente de atracos e asasinatos a camiñantes e comerciantes.

Ruta de Sendeirismo: 

    A ponte é un punto destacado da ruta PR-G 18 (Senda do Deza), un percorrido que conecta tres xoias naturais e patrimoniais.

Fervenza do Toxa: 
 
   Unha das fervenzas máis altas de Galicia.

Praia Fluvial da Carixa: 
 
    Área recreativa ideal para o descanso.
Mosteiro de Carboeiro: 
      Situado a poucos metros da ponte tras subir un camiño empedrado.

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 7 de septiembre de 2025

POZO DE CARDELLE - CARDELLE - RÍO DOADE - BOBORÁS

 POZO DE CARDELLE

CARDELLE

 RÍO DOADE

BOBORÁS 

Cardelle
     San Silvestre de Cardelle é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 44 habitantes (24 homes e 20 mulleres), 3 menos ca en 2010 (25 homes e 22 mulleres). 

     En 2007 tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres), catro menos ca en 2006.

Lugares de Cardelle
     Cardelle 

Boborás
      Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

        Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O xentilicio é boborao ou boborés.

       O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. 

      Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

       O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

Historia
      Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
      O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.   

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 5 de septiembre de 2025

PUZA DA ALVARIZA - RÍO DOADE - BAISTE - AVIÓN

 PUZA DA ALVARIZA

RÍO DOADE

BAISTE

AVIÓN

  Baíste
      Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.  

     Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Poboación
     Segundo o IGE en 2017 tiña 160 habitantes, 86 menos ca en 2010 (116 homes e 130 mulleres) e 166 menos ca en 2000.

Cultura
      Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares. 

      Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.

     No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. 

      Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.

     Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984).

Lugares de Baíste
     Acevedo, Baíste, Liñares, Rubillón 

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).  

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 3 de septiembre de 2025

POZO DE COUSO - COUSO - AVIÓN

 POZO DE COUSO

COUSO

AVIÓN 

     Couso
Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

Poboación
      Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). 

      A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras. Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.

Lugares de Couso   
      Couso, A Hedreira, Penedo, Taboazas, Vilariño  

Avión
       Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O xentilicio é avionés.

Xeografía
    Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

     A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

     O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 

        Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.  

VIDEO 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA