miércoles, 3 de septiembre de 2025

POZO DE COUSO - RÍO DOADE - COUSO - AVIÓN

 POZO DE COUSO

RÍO DOADE

COUSO

AVIÓN 

     Couso
Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

Poboación
      Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). 

      A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras. Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.

Lugares de Couso   
      Couso, A Hedreira, Penedo, Taboazas, Vilariño  

Avión
       Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O xentilicio é avionés.

Xeografía
    Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

     A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

     O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 

        Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.  

VIDEO 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901