domingo, 7 de septiembre de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE CORTEGADA - CORTEGADA

 IGREXA DE SANTA MARÍA

CORTEGADA

OURENSE

 Cortegada
    Cortegada é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2019 tiña 1.085 habitantes.

Xeografía
     O concello limita ao norte co concello da Arnoia, ao leste con Gomesende, ao sur con Padrenda e ao oeste co concello pontevedrés de Crecente.  

      Atópase á beira do río Miño entre os seus afluentes, os ríos Arnoia e Deva. 

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.  

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).  

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. 

      O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901