domingo, 4 de diciembre de 2022

NOGUEIRA DE MIÑO A CAPELA SIXTINA GALEGA - CHANTADA

 A CAPELA SIXTINA GALEGA

NOGUEIRA DE MIÑO 

A EIREXE

CHANTADA

 Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño
     Está situada na cima do famoso meandro Cabo do Mundo.

     Santa María de Nogueira combina partes da segunda metade do século XII e do segundo terzo do XVIII, época na que sofre importantes reformas na fachada, que actualmente mostra o antigo rosetón romanico e campanario de formas barrocas.

     A igrexa é dunha soa nave, con arco triunfal e cabeceira cuadrangular cunha ventá de arco de medio punto posterior decorada, aínda que o retablo no  interior non nola permite ver.

     A ábsida cóbrese cun tramo recto con bóveda de canón e bóveda de aresta.  Na cabeceira catro columnas posúen decoración en capiteis e basas, sendo probablemente de varias mans xa que algúns son máis bastos. Lateralmente no seu tramo norte está unida unha sancristía, así como a chamada Capela de Alba.

     Os canzorros exteriores, así como a porta sur, adórnanse cunha rica e variada temática onde a presenza de fauna local é unha constante: cabras, morcegos, troitas, anguías …

     No seu interior destacan unhas impresionantes pinturas renacentistas, restauradas na segunda década do século XXI, e que lle valen o sobrenome da Capilla Sixtina galega. Realizadas ao fresco sobre un morteiro de cal e area. Atribúense ao chamado “Mestre de Nogueira” e sitúanse segundo o profesor García Igrexas ao redor de 1560. 

     Está enmarcado en franxas ornamentais de gran riqueza formal e linguaxe renacentista. Móstrasenos un Xuízo final con Cristo rodeado de anxos que sosteñen os elementos da Paixón; a corte celestial preside o conxunto sobre os condenados e o inferno.

     Atribúense á primeira metade do século XVI e posúen unha rica gama cromática que nos reflicte a importancia da obra no momento.

     Posúe importantes faltas debido á posterior colocación dun púlpito, hoxe retirado, e á construción da Capela de Alba. No tramo da ábsida pódese apreciar a escena do Bico de Xudas no pano dereito, e unha escena do Via Crucis na dereita, mentres que no teito podemos observar a representación dos catro ventos, unha lúa e un sol.

     A porta norte presenta unha delicada ornamentación, con arquivoltas decoradas e tímpano, así como mochetas con representacións animais.

     No exterior, a ábsida cuadrangular ofrece tamén unha delicada e decorada ventá con arco de medio punto.

     Unha escaleira dá acceso desde o exterior á espadana, onde posúe unha campá que co seu son alaga o val do Miño. 

     Segundo contan os veciños, foi obxecto dunha curiosa disputa entre o párroco de Nogueira e outro párroco veciño por ver cal das dúas parroquias se facía coa campá máis grande, saíndo Nogueira vitoriosa de tan curiosa disputa.

 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Turismo da Ribeira Sacra

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901