jueves, 22 de noviembre de 2018

RUTA DE TAPAS "QUE RICO ESTÁS BOQUEIXÓN" - 2018

RUTA DE TAPAS
QUE RICO ESTÁS BOQUEIXÓN
BOQUEIXÓN - 2018


      O Concello de Boqueixón porá en marcha a sétima edición da Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’, que se desenvolverá os días 30 de novembro, e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro. A presentación desta cita tivo lugar esta mañá na Cervexería O Vikingo, segundo clasificado na Ruta do pasado ano, e contou coa presenza do alcalde, Manuel Fernández Munín, e do presidente do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, José Antonio Feijóo, e de representantes da hostalería do municipio.


     Na súa intervención, o rexedor boqueixanés salientou que “nesta ocasión, participan un total de seis estabelecementos hostaleiros de distintas parroquias do municipio nos que se poderán degustar ata nove pinchos diferentes, tanto doces coma salgados”. En todas estas propostas, “o público terá a oportunidade de comprobar o bo facer dos estabelecementos hostaleiros do municipio, a través da exaltación dos produtos da zona, como carnes e toda a horta de Boqueixón, que se combinarán coa incorporación entre os seus ingredientes das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia”, concluíu.


     Manuel Fernández Munín animou á veciñanza e visitantes “a deleitar os seus padais coas propostas culinarias desta Ruta de Tapas. Contamos cun sector hostaleiro de primeira que ten a capacidade de sorprender moi gratamente coa súa creatividade ante os fogóns”, afirmou.
     Pola súa banda, José Antonio Feijóo agradeceu ao Concello de Boqueixón, municipio no que se atopa a sé do Consello Regulador, “a súa colaboración no desenvolvemento desta iniciativa que axuda a poñer en valor a versatilidade dos destilados galegos con selo de calidade e orixe”.


     Cada un dos pinchos presentados na VII Ruta das Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ ten un custo de 2 euros. Poderanse degustar os días 30 de novembro e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro en horario de mediodía e noite (de 12.00 a 15.00 horas, e de 20.00 a 22.30 horas).


     Nesta iniciativa participan seis estabelecementos cos nove pinchos que se detallan a continuación:

ESTABLECEMENTOS
Bar Restaurante O Imprevisto
“Xarrete ó mencia con tempura de verduras á augardente”
Bar A Barreira
“Mar e terra- pescadilla á crema”
Casa de Xantar Casa Castro
“Bao na cunca”
“ Cremoso de LK”
Restaurante Vente Vindo
“Polo ELE_K”
“Flan  de orujo”
Cervexería O Vikingo
“Nove reinos”
Restaurante Vía da Prata
“Polbo ó inferno”
“Chourizo ó inferno de Satán”


Premios para a clientela
     A VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ realizará un sorteo de 3 premios entre a clientela, divididos en dúas categorías:
    Clientela cun mínimo de 4 selos en diferentes estabelecementos (cómpre degustar unha tapa en cada un dos catro locais). Neste caso, sortearase un lote de botellas de viño, cortesía das/os hostaleiras/os participantes na Ruta das Tapas e un lote de produtos amparados polo Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
    Clientela cos 6 selos dos estabelecementos participantes (cómpre degustar unha tapa en cada un dos 6 locais integrados na Ruta de Tapas). Neste caso, sortearanse dous premios entre as persoas participantes:
        Premio en metálico de 120 €, aportado polas/os hostaleiras/os da Ruta de Tapas de Boqueixón e un lote de destilados galegos.
        Vale regalo por valor de 120 € para canxear por unha comida/cea nun dos estabelecementos participantes por cortesía do Concello de Boqueixón e un lote de destilados.
     Para optar a estes premios, a clientela deberá cubrir os folletos de participación que se poderán recoller en cada uno dos seis estabelecementos. No caso do primeiro, deberanse entregar selados por, polo menos, catro locais diferentes participantes e no caso dos segundos premios, deberán estar selados polos seis estabelecementos que se sumaron a esta VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’.
     De todas as votacións do público participante sairán tamén as propostas vencedoras desta Ruta de Tapas. Así, nomearanse tres vencedores, co primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901