jueves, 15 de noviembre de 2018

HORREOS DE OUTEIRO - PARDERRUBIAS - A MERCA

HORREOS DE OUTEIRO
PARDERRUBIAS
A MERCA
 OURENSE


Parderrubias
     Santa Olaia de Parderrubias é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova.


     No ano 2007 tiña 234 habitantes, deles 107 eran homes e 127 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.



Lugares de Parderrubias   
     Barrio, A Carballeira, Nigueiroá, Outeiro, Parderrubias



 A Merca
     A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.



     Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2015 era de 2.021 persoas (2.373 en 2003).



Xeografía
     O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia.



     Os maiores cumio son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m).



     A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.



Historia
     Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello da Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.



Patrimonio
     A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.



     A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.



     No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido e, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.



     No Entroido da Mezquita os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.



 Parroquias da Merca   
     Corvillón (Santa María), Entrambosríos (Santa Mariña), Faramontaos (San Xes), A Manchica (Nosa Señora de Lourdes), A Merca (Santa María), A Mezquita (San Pedro), Olás de Vilariño (Santa María), Parderrubias (Santa Olaia), Pereira de Montes (Santa María), Proente (Santo André), San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro), Zarracós (Santo André)



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901