PETROGLÍFOS DE PEDRE
PEDRE
CERDEDO - COTOBADE
Santo Estevo de Pedre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis ca o ano anterior e 24 máis ca en 2005.
Patrimonio
Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.
A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.
No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.
Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte romana, formada por tres arcos.
Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.
En Vichocuntín hai unha ponte romana, composta por un so arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con barandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. Tamén hai un peto de ánimas cun cruceiro.
En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.
Lugares de Pedre
Pedre, Serrapio, Vichocuntín
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA