viernes, 25 de agosto de 2017

IGLESIA DE PORTODEMOURO - VAL DO DUBRA

 IGLESIA DE PORTODEMOURO
PORTODEMOURO DE ARRIBA
VAL DO DUBRA


Portomouro
     San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 367 habitantes (195 mulleres e 172 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes, e 1999, con 482.


Situación
     Portomouro atópase no cruzamento de camiños que van dende Santiago de Compostela cara o norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404. (Entrepontes).



Economía
     Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún. Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.



Patrimonio
     Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, amieiros, freixos etc.). 



     Tamén cómpre destacar a "Pedra do Home", con tres sepulturas antropomorfas prehistóricas.


Val do Dubra
     Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á Comarca de Santiago.



     Demografía
Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 4.033 habitantes (1.942 homes e 2.091 mulleres), mantendo a liña descendente dos últimos anos: 4.423 en 2009, 4.481 habitantes en 2008, 4.515 en 2007 e 4.580 en 2006. O seu xentilicio é dubrés - valdubrés.



   O concello creouse en 1835 coa denominación de Buxán (que corresponde á parroquia de Buxán). 

 

     En 1960 cambiou o seu nome ao actual de Val do Dubra.


     A casa do concello estaba situada en Buxán, trasladándose a principios do século XX á Corredoira (Bembibre). 


     A principios dos anos vinte estableceuse en Casal (Niveiro), pasando a Bembibre en 1924. 


     Coa República trasladouse ao lugar da Taboada e en 1958 instalouse definitivamente no seu actual emprazamento.

 MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901