viernes, 25 de agosto de 2017

PUERTO DE CAMELLE - CAMELLE - CAMARIÑAS

PUERTO DE CAMELLE
CAMELLE
CAMARIÑAS


Camelle
     O Espírito Santo de Camelle é unha parroquia do concello de Camariñas. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 1290 habitantes (602 homes e 682 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1613 habitantes.


Xeografía
     Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, a mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou.



     Ten seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa



Historia
     Hai un petróglifo no monte de Can Ladrón.



     Durante as invasións normandas dos viquingos, os habitantes de Camelle refuxiáronse no agocho do Alto da Gurita. Segundo a tradición oral, agocháronse entre as árbores pintados con barro e prepararon unha emboscada ós viquingos na zona da Señora, preto da vila, con vitoria local..


     A finais da idade media creouse un dos primeiros peiraos galegos adicados á pesca da balea, xunto cos de Malpica e Caión. Foi fundado por baleeiros vascos, e destacaron na pesca os capitáns García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Guipúscoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). 


     No monte de Can Ladrón construíuse un posto de vixilancia, posiblemente do século XVI,


     Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.


Lugares e barrios de Camelle
     Arou, Camelle, Lazo



Camariñas
     Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio  é camariñán ou camariñés.



Topónimo
     Camariñas é un fitónimo procedente da camariña, arbusto que medraba no areal de Camariñas,e que antano tiña difusión por toda a franxa atlántica de Iberia. Tamén deu o seu nome á vila da Pobra do Caramiñal. 



     Agora esta planta medra unicamente en escasos lugares, coma nos Azores, Punta Umbría en Andalucía, e abundantemente no areal de Trece, en Camariñas, que é o corazón da Costa da Morte.


Produtos típicos
     Son célebres os encaixes de Camariñas.



Parroquias de Camariñas
   Camariñas (San Xurxo), Camelle (O Espírito Santo), A Ponte do Porto (San Pedro), Xaviña (SantaMaría)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901