OLEIROS
BARCIADEMERA
COVELO
Barcia de Mera
San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.
Segundo o IGE en 2014 tiña 360 habitantes (169 homes e 191 mulleres), 157 menos ca en 2004 e 247 menos ca en 1999. É unha das parroquias con máis habitantes do concello.
Información
O río Alén sepáraa do concello limítrofe de Mondariz.
O lugar de San Xoán do Mosteiro debe ao seu nome a un antigo mosteiro xa desaparecido, onde probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial até que foi trasladada ao lugar actual. Nese lugar consérvase unha capela construída pola Santa Inquisición e unha ponte medieval ben conservada. Atravesa o lugar un camiño a carón do cal está a Fonte Santa, de augas moi apreciadas que manteñen a mesma temperatura ao longo das estacións.
Destaca o conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera, a igrexa e casa reitoral de estilo barroco onde esta última ten influencia de culturas precolombinas. Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da igrexa.
Na gastronomía son salientábeis os seus viños, igual que a veciña parroquia de Casteláns, que sobresaen polo seu sabor a froita coas características propias do condado.
Lugares de Barcia de Mera
Alén, A Carballeira, Carredás, Caxil, O Ceo, A Corcoveira, Espiñeiro, Mera, Os Oleiros O Pazo, A Peleda, As Pereiras, Redondo, O San Amaro, Os Seixedos, O Ucedo, Vilanova
Covelo
Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio é «covelense».
Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.
Patrimonio
Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Parroquias de Covelo
Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago) Santiago de Covelo (Santiago)
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901