PUERTO DE AROU
CAMELLE
CAMARIÑAS
Arou
Arou é un lugar da parroquia de Camelle no concello coruñés de Camariñas (comarca da Terra de Soneira).
Tiña 433 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estatística dos cales eran 197 homes e 236 mulleres.
Camelle
O Espírito Santo de Camelle é parroquia do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2013 tiña 1290 habitantes (602 homes e 682 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1613 habitantes.
Xeografía
Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, a mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou.
Ten seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa
Historia
Hai un petróglifo no monte de Can Ladrón.
Durante as invasións normandas dos viquingos, os habitantes de Camelle refuxiáronse no agocho do Alto da Gurita. Segundo a tradición oral, agocháronse entre as árbores pintados con barro e prepararon unha emboscada ós viquingos na zona da Señora, preto da vila, con vitoria local.
A finais da idade media creouse un dos primeiros peiraos galegos adicados á pesca da balea, xunto cos de Malpica e Caión. Foi fundado por baleeiros vascos, e destacaron na pesca os capitáns García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Guipúscoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). No monte de Can Ladrón construíuse un posto de vixilancia, posiblemente do século XVI,
Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.
Lugares e barrios de Camelle
Arou, Camelle, Lazo
A comarca da Terra de Soneira
A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas.
Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste.
Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabanas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901