SAN AMARO
ENTRERÍOS
LAXE
FORNELOS DE MONTES
FORNELOS DE MONTES
Recursos turísticos
Na actualidade, o concello presenta un grande potencial paisaxístico, ambiental e etnográfico que cunha explotación racional e non lesiva co medio rural fará aumentar o fluxo de visitantes cara este espazo.
A localización do concello dentro dun área de media montaña e a existencia de numerosos paraxes de interese natural favorece a orientación de Fornelos cara un turismo verde, de goce da natureza, que se vería beneficiado pola proximidade aos grandes centros de atracción turística como son O Salnés, Vigo, Baiona ou Pontevedra.
Para conformar este apartado e poder elaborar o que sería un posible mapa de recursos turísticos, podemos agrupar nun só plano todo aquel patrimonio que cunha conservación axeitada, e que debido ás súas características e entorno no que se localiza, pode ser considerado como unha fonte de recursos para atraer o turismo e potenciar esta actividade no futuro.
Un dos principais problemas que se presenta no concello, ademais do estado de conservación do seu patrimonio, é a practicamente inexistente oferta de aloxamento existente. Soamente hai unha casa de turismo rural en todo o territorio con 16 prazas de aloxamento, e que se atopa na parroquia de Estacas. Non existe ningún hotel, hostal, pensión ou campamento.
Respecto á oferta gastronómica, o concello destaca pola calidade dos seus produtos empregados, elaborados na súa meirande parte neste territorio e que son a base da súa cociña. Sen embargo, o número de restaurantes tamén é escaso podendo atopar so dous, un en Fornelos de Montes e outro en Estacas.
O que chama principalmente ao turista é a existencia de un ou varios recursos que poden ser convertidos en produtos turísticos, atraendo de por si a numerosos visitantes. Neste senso, o concello de Fornelos de Montes presenta unha ampla variedade de recursos patrimoniais paisaxísticos e etnográficos como para promover o turismo verde dentro do territorio e que, debidamente coidado, repercutirá de maneira positiva na economía local. Así, en fornelos de Montes pódense atopar numeroso patrimonio etnográfico como muíños fariñeiros de pedra, pontes de pedra que cruzan pequenos regatos, numerosas fontes e lavadoiros ou mesmo restos de casas grandes como as de Alemparte ou Marrán. Tamén garda restos arqueolóxicos como a Cidadela do Monte da Cidade, o Sarcófago en Vilán (Fornelos), gravados rupestres ou os chozos e parideiras en Laxe. De influencia relixiosa están as igrexas parroquiais, sete en total, e capelas, tres; os cruceiros e os petos de ánimas.
Tamén se poden atopar zonas de importante valor ecolóxico e paisaxístico como son a Serra do Suído ao Leste, a Carballeira de Couso, a Fraga de Couñago, a cabeceira do río Tea ou o Encoro de Eiras. Lugares que, en conxunto, ocupan unha ampla superficie do concello e que poden atraer ao turista.
Outras das características que presenta Fornelos son os numerosos camiños existentes, que comunican distintos puntos do concello, e que son aproveitables a maioría deles para facer rutas de sendeirismo.
Por aquí ademais atravesa parte do Sendeiro das Greas, que percorre o concello pola metade Oeste pasando por todas as parroquias, agás pola de Laxe, sendo Traspielas e Calvos as de entrada e saída.
Dada a existencia deste sendeiro, poderíanse aproveitar os numerosos camiños para enlazar esta ruta cos diferentes recursos co fin de que os visitantes poidan acceder a todos de forma natural.
A existencia dunha praia fluvial á beira do río Oitaven, na parroquia de Fornelos de Montes, favorecida polo entorno no que se localiza e cunha dotación de servizos axeitada, tamén podería favorecer a chegada de visitantes cara este municipio nos meses de verán.
Un dos principais motivos que pode levar visitantes cara o concello de Fornelos de Monte é a promoción do turismo verde e de interior, aspectos nos que este territorio xunta un grande potencial e coas actuacións axeitadas motiva e atrae ao turista cara esta zona.
Ás características ecolóxicas e paisaxísticas habería que unir a gastronomía, a tranquilidade que presenta esta zona, as tradicións e festas populares e o carácter aberto e amable das súas xentes, factores que poden ser considerados como as principais sinais de identidade do concello e que axudan a promover este sector.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Concello de Fornelos de Montes
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901