sábado, 25 de noviembre de 2023

TUMBA DA VIRXE - CAPELA DE SANTA OLAIA - LUINTRA - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 TUMBA DA VIRXE

CAPELA DE SANTA OLAIA

LUINTRA

NOGUEIRA DE RAMUÍN

Tumba da Virxe
      Sartego medieval localizado detrás da ábsida da capela de Santa Olaia de Luintra, coñecido como “A Tumba da Virxe”. Está escavado nunha rocha que aflora na ladeira que descende cara o regueiro de Viñoás.

     O rochedo acolle unha sepultura antropoide escavada na rocha e cunha orientación E-W. A lonxitude total do sartego é de 2,16 m, incluíndo o rebaixe da tampa localizado aos pés do sartego.

     A anchura máxima da peza é de 50 cm, mentres que a mínima, localizada á altura dos pés, acada os 30 cm.

Capela de Santa Olaia
        Capela cunha única nave e planta rectangular. Os muros son de sillaría de granito e a cuberta a tres augas remátase con tella cerámica. Fronte con pequena espadana dun van con pequena campá, con remate en cruz de ferro e pináculos decorativos. Na cima do muro frontal, ten dous grandes pináculos enriba da moldura decorativa.

      Nos muros laterais ten pequenos ocos a modo de ventás verticais. Tamén ten pequenos ocos verticais nos laterais da porta de entrada.

      A actual capela e do século IXX, concretamente do ano 1873.

    Nas proximidades podemos ver unha tumba antropomorfa, feita nunha peneda situada polo lado de nacente, coñecida como “a tumba da virxe”.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 24 de noviembre de 2023

SARTEGO DE SANTO ANDRÉ - ABELENDA DAS PENAS - CARBALLEDA DE AVIA

 SARTEGO DE SANTO ANDRÉ

ABELENDA DAS PENAS

CARBALLEDA DE AVIA

      A igrexa de Santo André (Abelenda dás Penas) de orixe románico, data do século XII e conserva parte do seu estilo primitivo coa súa espadana.

      Onde destaca a filada de canecillos e cruces célticas no tímpano.

      Está rodeada por un recinto amurallado formado por perpiaños, e na chaira que ten diante hai un cruceiro que ben podería datar do S:XVII.

      No lado Norte da igrexa atopámonos cunha sepultura escavada na roca, nun pequeno afloramiento granítico que apenas sobresae do chan, é do tipo antropomorfo, ten a cabeza moi marcada, estreitándose moito na parte do pescozo, é de adulto e está orientada este-Oeste. 

      Conserva á súa ao redor un rebaixe para encaixar a laxa de cuberta.

       Posiblemente datase dos primeiros anos da igrexa, ao redor do S:XII.

Os outros tres lados que rodean a igrexa, están cheos de sepulturas que chegan a tocar os muros da mesma, sendo un espazo cementerial no que pode detectarse que son dunha gran antigüidade.

MAPA

 

Fuente : Web enricvillanueva.wordpress.com

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 23 de noviembre de 2023

TUMBAS DE LAXE DE PRADO - VILANOVA - O HIO - CANGAS

 TUMBAS DE LAXE DE PRADO

VILANOVA

O HIO

CANGAS

       Na parroquia de O Hío podemos atopar unhas antigas tumbas escavadas na propia roca. A pesar de que se descoñece a historia destes sartegos podemos intuír que son típicas dos séculos VI ao X.

Vilanova
       Vilanova é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 369 habitantes (188 homes e 181 mulleres).

O Hío
       Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.

Xeografía
     A parroquia está situada ao oeste do concello. Varias das súas praias adoitan ter Bandeira Azul. Está cruzado por dous regatos. O rego de Donón nace en Donón, o seu leito e do Hío ata O Facho e desemboca en Barra. Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 2.025 m e remata en estuario. O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava. Ten a vertente na ría de Aldán, o seu réxime é regular cunha lonxitude de 2.100 m e acaba en estuario.

 Historia
      O Hío comezou a estar habitado na Idade de Ferro, cando se poboou o Facho de Donón, onde logo se levantou o santuario galaico ao deus Berobreo. Na Idade Media pertenceu ao couto feudal da Casa de Soutomaior.

       Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Aldán.

       No ano 1929 os emigrantes do Hío en Buenos Aires enviaron cartos para construír unha casa e traer un médico para a parroquia.

Patrimonio
       O cruceiro do Hío é obra de Xosé Cerviño, canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Foi feito en 1872, e está situado fronte ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.

É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.

Lugares do Hío
     Donón, O Igrexario, Liméns, Nerga, Pinténs, Vilanova, Vilariño.

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 22 de noviembre de 2023

PASOS DO MALLON - OLELAS - A ILLA - ENTRIMO

 PASOS DO MALLON

OLELAS

A ILLA

ENTRIMO

Olelas
        Olelas é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.

     Tiña 62 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 37 mulleres.

A Illa
      San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

     Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.

Lugares da Illa
     A Illa, Lantemil, Olelas, Reloeira

 Entrimo
        Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio é «entrimés».

Xeografía
       O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares.

     Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

       É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).

Comarca de Baixa Limia
       A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

      Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PASOS DO FONTAO - REGATO DO FONTAO - POMBEIRO - PANTÓN

 PASOS DO FONTAO

REGATO DO FONTAO

POMBEIRO

PANTÓN

Pombeiro
     San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón.

     No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia
     En 1891 creouse a parroquia eclesiástica de Santa María do Regueiro cos seguintes lugares de Pombeiro: A Pena, A Torre, Bazal, Cascaxide, O Moredo, O Rigueiro, O Torrón e Vilamirón.

Xeografía
     Limita ao norte coas parroquias pantonesas de Atán, Següín e San Fiz de Cangas; ao leste coas de Cangas e Frontón; ao sur coas de Nogueira de Ramuín de Santo Estevo de Ribas de Sil e Moura, e ao oeste coa dos Peares (A Peroxa), Oleiros e A Cova polo oeste.

     Parte da parroquia de Pombeiro atópase dentro do LIC "Canón do Sil", 4,6 km² das ribeiras de Pombeiro están protexidas.

Patrimonio
    Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, da que se conserva o templo. Nel destacan as súas pinturas murais.

Comarca de Terra de Lemos
      Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA