EIRA DA CRUZ
PUXEDO
SAN PAIO DE ARAÚXO
LOBIOS
San Paio de Araúxo
San Paio de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 267 habitantes, dos cales 136 eran homes e 131 mulleres.
Lugares de San Paio de Araúxo
Bouzas, Briñidelo, Esperanzo, Guende, Prancibe, O Puxedo, O Reguengo, San Paio
O Puxedo
O Puxedo é un lugar da parroquia de San Paio de Araúxo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia.
Tiña 40 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 22 eran homes e 18 mulleres.
Patrimonio
O Puxedo ten un conxunto monumental formado por:
Capela de San Antonio, de estilo neoclásico cun retablo con elementos propios do barroco rural.
Peto de ánimas, concibido como un arco de triunfo adoelado atópase no centro da praza, nun cruzamento de catro camiños. É o exemplar de maiores dimensións que se conserva na provincia de Ourense.
Palco de música, construído a comezos do século XX e onde actuaban as bandas de música.
Arredor da praza, presidida por un carballo centenario aparecen numerosos cruceiros dispostos de xeito circular.
Esta área, lugar de xuntanza veciñal, constituíu un importante centro de culto dende que a comezos do século XVIII se trouxo a figura de Santo Antonio dende Lisboa tirada por un carro de bois e se situou na capela. O 13 de xuño celébrase unha romaría.
Na parte alta do Puxedo atópanse os antigos currais (curros da res) onde se acollía pola noite o gando, principalmente ovellas e cabras, que pacían no monte comunal. Trátase dun conxunto de construcións dispostas unhas a continuación das outras de reducida dimensión construídas en pedra e cubertas antigamente con teitos de colmo.
Ata os anos sesenta había un forno comunitario que se vendeu para poder mercar pólvora para a construción da estrada ata o lugar. Cincuenta anos despois, a Asociación de Veciños adquiriu e rehabilitou un antigo curral e instalou no seu interior un forno doado por un veciño da aldea.
O Puxedo ten un total de vinte e oito hórreos,chamados canastros na comarca, a maioría construídos en pedra granítica. Os máis antigos, como o hórreo da Laxeira, datan de comezos do século XIX. O maior conxunto de hórreos está na Eira da Cruz.
Itinerario etnográfico do Puxedo
O Puxedo conta cunha ruta que percorre estes elementos patrimoniais, ademais de catro airas de mallar (espazos enlousados de carácter comunitario) e varias fontes. O itinerario iníciase na Eira do Toco e remata no forno de pan comunitario.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901