jueves, 16 de noviembre de 2023

IGREXA DE SAN XOÁN DE SEOANE - SEOANE DE ARCOS - O CARBALLIÑO

 IGREXA DE SAN XOÁN DE SEOANE

SEOANE DE ARCOS

O CARBALLIÑO

 Seoane de Arcos
      San Xoán de Seoane de Arcos é unha parroquia do concello do Carballiño, que fai fronteira entre este e o concello de Cea. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 400 habitantes (192 homes e 208 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.

Toponimia
      O topónimo deriva do latín Sanctu(m) Iohanne(m), San Xoán.

Xeografía
      O lugar de máis interese da parroquia é Mouriz con barrios tan emblemáticos como a Fonte, o Outeiro ou Cima da Vila. O produto máis exportado desta aldea son as castañas, os cogomelos e a famosa auga de Mouriz. Mouriz foi no seu día parada obrigada na coñecida ruta dos arrieiros.

Patrimonio
    Igrexa de San Xoán de Seoane de Arcos, do século XVIII.

    Reitoral de Seoane de Arcos.

O Carballiño

     O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O seu xentilicio é carballiñés.

Xeografía
     Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Historia
      A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira.

      Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.

      Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.

     A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.

Cultura
      No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).

Festas
    Festa do polbo - 2º domingo de agosto
    Festas de setembro

Parroquias do Carballiño    
     Arcos (Santa María) | Banga (Santa Baia), O Barón (San Fiz), Cabanelas (San Xoán), O Carballiño (San Cibrao), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madarnás (San Tomé), Mesego (Santa María), Mudelos (Santiago), Partovia (Santiago), A Piteira (San Miguel), Ponte Veiga (San Lourenzo), Sagra (San Martiño), Señorín (San Roque), Seoane de Arcos (San Xoán) 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901