FORNO DE CAL DE SANTRADÁN
SAN ADRIÁN DE COBRES
VILABOA
O forno caleiro de San Adrián abriu no 1936 e estivo funcionando ata os anos 60 do século XX.
Supón o único exemplo deste tipo de construccións na Península do Morrazo, e é un dos escasos exemplos que existe en Galicia e dos mellor conservados (e prácticamente o único a nivel industrial).
Funcionaba gracias a cal que se traía por mar dende Santoña (Cantabria) xa que aquí non existen este tipo de pedras.
Desafortunadamente, esta industria tivo mala sorte o cadrar o inicio da súa actividade co inicio da Guerra Civil (o que truncou as súas aspiracións) e a posterior postguerra. Este factor, xunto co avance das fábricas e a industrialización moderna en España, puxo fin ó mesmo nos anos 60 do século XX.
Cobres
Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa.
Segundo o INE no 2008 tiña 1.416 habitantes (721 mulleres e 695 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.405 habitantes.
O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.
Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados.
A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas.
O entroido en Cobres é festa de interese turístico de Galicia
O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.
Lugares de Santo Adrán de Cobres
Cardiña, Curra, Nores, Pazos, Pousada, Santradán, Sobreira, Uveiras.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901