lunes, 26 de septiembre de 2022

CONGRESO DE HOSPITALEIRAS/OS DO CAMIÑO PORTUGÉS - PONTEVEDRA 2022

 CONGRESO DE HOSPITALEIROS/AS

17 SEPTIEMBRE - 2022

PONTEVEDRA

      Os hospitaleiros reafirman a conexión de Pontevedra co Camiño Portugués

     A Federación Internacional de Asociacións de Amigos deste roteiro xacobeo celebran na cidade o seu vixésimo segundo congreso


     Pontevedra é a capital do Camiño Portugués e como tal reafirmou onte a súa conexión con este roteiro ao albergar a vixésimo primeira edición do Encontro Internacional de Hospitaleiros que organiza a Federación Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño Portugués.

     Baixo a organización de Celestino Lores, contou coa presenza do Dr. Antonio Marahaio Peixoto  que ofreceu a conferencia inaugural sobre “Un Caminho de descuberta do pasado do oresente e do futuro". 

     As conclusións deste dobre Ano Santo puxeron punto final ao congreso.


Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés.

     Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, ai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e que agardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga) 

     Sintome moi afortunado de contar con unha chea de amigas e amigos entre as xentes do Camiño e os colectivos que traballan nel, moitas grazas por convidarme. GRAZAS

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 


domingo, 18 de septiembre de 2022

IGREXA DE SAN PANTALEÓN - A IGREXA - CABANAS - OUROL

IGREXA DE SAN PANTALEÓN

A IGREXA

CABANAS

OUROL

      A parroquia de San Pantaleón de Cabanas está inexorablemente  unida á figura de don Fernán Pérez de Andrade, que foi o seu impulsor. 

     Viña ás terras que posuía nesta zona para cazar con certa regularidade.

      En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtén a licenza do bispo de Mondoñedo para edificar tres igrexas nos Montes do Sor. 

      Unha delas é esta de San Pantaleón que se constrúe entre finais do século XIV e principios do XV. Nela figura o símbolo do xabaril, propio desa familia.

     A actual igrexa é o resultado de varias modificacións, que afectaron, principalmente, á súa lonxitude.

San Pantaleón de Cabanas
      San Pantaleón de Cabanas é unha parroquia do concello de Ourol na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres), 25 menos ca en 2007 (33 homes e 43 mulleres) e 28 menos que en 2006.

Historia
      En 1895 constituíuse a nova parroquia de Ambosores con lugares de San Pantaleón de Cabanas. 

      Outros lugares da parroquia tamén pasaron a formar parte, xunto con lugares de Ourol, da igualmente creada O Sisto.

Lugares de San Pantaleón de Cabanas
     O Apartado, Arrexoá, Burgás, Cabana, A Cabana Vella, O Camiño, Campo do Cabo, Os Campos, O Cargadoiro, A Castiñeira, O Cotillón, O Couce Gordo, O Couso, Os Díaz, As Esqueiras, O Fondovilar, A Igrexa, Izá, Os Luíses, A Maciñeira, O Merán, A Panda, O Pereiro, A Picheira, O Pombeiro, O Portal, O Teixeiro, A Torre. Vila Vella

MAPA

 

Fuente: Concello de Ourol

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN PEDRO DE VIVEIRO - A IGREXA - VIVEIRO

 IGREXA DE SAN PEDRO DE VIVEIRO

A IGREXA

VIVEIRO

Igrexa de San Pedro de Viveiro
     A Igrexa de San Pedro de Viveiro é un templo de culto católico situado na parroquia de San Pedro de Viveiro (concello de Viveiro) na provincia de Lugo.

     De estilo románico, dende o ano 1974 está considerada coma Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.

Historia
     O actual templo data de finais do século XII.

     Porén, a súa orixe remóntase até o século VI, como o pon de manifesto unha epígrafe situada nun perpiaño exterior no que se fai mención a unha restauración do século X.

     É a máis antiga da zona. Foi posteriormente ampliada e reformada nos séculos XII e XVII.

     Ademais do seu interese arquitectónico, no seu interior gárdase unha importante escolma de tallas.

Características
     Presenta un estilo románico de gran pureza, fabricada en cantaría e cachotaría de granito, con parte dos seus muros caleados 

     A cuberta é de lousa, a dúas augas. Consta de nave principal e lateral separadas por arcos de medio punto. Salienta a ábsida semicircular.

     Na fachada, a porta principal arránxase cun arco de medio punto sen enfente ningún, con espadana de dobre corpo e dous vans.

     Porta lateral románica, tapiada. No beirado salientan os antigos canzorros con diversas formas, especialmente os da ábsida. Existen varias inscricións nos muros exteriores.

     No interior atopamos un arco triunfal, bóveda de canón en nave, retablo maior neoclásico e lateral barroco, con tallas de interese e varias pezas antigas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

BRANDA DE COVELO - GAVE - MELGAÇO

 BRANDA DE COVELO

GAVE

MELGAÇO 

Brandas
     Brandas son zonas dos montes altos, onde o gando atopa pastos frescos polo verán.

     O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gando ao monte durante os meses de xuño a setembro.

     É un termo empregado nas montañas de Ourense (Serra do Xurés) e na parte Portuguesa (Serra do Gerês e Serra do Soajo).

     O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gando e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês chámanlle brandas aos núcleos habitados temporais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gando.

     As brandas son típicas do complexo sistema antigo da transhumancia da das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

     A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas.

     No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brandas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brandas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gando a pastar. Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levabam até a moblaxe.

     As brandas están formadas polos pastos, valados, curros, cortellos para gando e algunha choza de paredes e cuberta de cachotaría de granito (normalmente con sollado), para as persoas

 Gave
     Gave e unha fregresia portuguesa do municipio de Melgazo, no distrito de Viana do Castelo, con 9,75 km² de superficie e 237 habitantes (2011). A sua densidade de poboación e de 24,3 hab/km².

     Situada no extremo suroccidental do concello, limitando con los Monçao e Arcos de Valdevez, e atravesada por el río Mouro (afluente do Miño), Gave formou parte do concello de Valadares, ata sua extinción no 1855.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



jueves, 15 de septiembre de 2022

INAUGURACIÓN DA EXPO " O CAMIÑO, CAMINHO E AS ARTES - MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM¨ - LISBOA

 INAUGURACIÓN DA EXPO

 " O CAMIÑO, CAMINHO E AS ARTES

MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM

LISBOA


     Do día 2 o 24 de Setembro estara aberta o publico no Museo da Ceramica de Sacavém a Expo.

      O Caminho e as Artes, O Camiño e as Artes na que participan un numero importante de artistas portugueses e galegos de todos os campos das Artes.

     Eu estou moi agradecido a Fundación Camiño Portugués de Santiago e as Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago por convidarme a participar con unhas fotografias dun traballo relacionado co a auga no entorno do Camiño.

OS ARTISTAS QUE PARTICIPAN NA EXPO.
     Os artistas profesionais e afeccionados abarcan distintos ámbitos».

     Entre los nomes propios da pintura luso-galaica, os de Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou tamen o músico Rafael Úbeda.

     Además, habera unha representación da arte escultórica con Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves e Suso Balado, así como un apartado de artesanía con pezas de Barcelos e creacions da zoqueira Elena Ferro e Joaquim Esteves. 

     Además, das creacions musicais serán a cargo de Begoña Lorenzo, Edelmiro Luis Mateo García, Noelia Solleiro o el luthier César Loureiro Sobral, e da danza a través de Glau Fonseca.

     A escritura estará representada por Carmen Quinteiro, Xaime Toxo a poetisa Minerva, e no ámbito visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, Xulio Gil, eo bloguero Xoán Arco da Vella.


 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA