miércoles, 7 de septiembre de 2022

BEXÁN - DIOMONDI - O SAVIÑAO

 BEXÁN

DIOMONDI

O SAVIÑAO

  Bexán
     Bexán é un lugar da parroquia de Diomondi no concello do Saviñao, na comarca da Terra de Lemos.

Diomondi
     San Paio de Diomondi é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, provincia de Lugo.

       No ano 2007 tiña 161 habitantes, deles 81 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

 Patrimonio
    Igrexa románica de San Paio de Diomondi.
    Pazo das Cortes, situado fronte á igrexa. Ten planta en U e acaroada unha capela dedicada á Nosa Señora da Asunción. Xunto á portada ten os escudos dos Somoza, do século XVIII.

Lugares de Diomondi
     Belesar, Bexán, A Casanova, As Cortes, A Costa, Diomondi, Galegos, Millarada, Montecelo, Outeiro, Piñeiro, A Portela, Salcedo, Ver

Comarca da Terra de Lemos
      A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Situación
      A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo.

       Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos.

     Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor.

     No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Orografía
     Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur.

      Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:
    Alto da Veneira (1.164 m)
    Alto da Serra (1.137 m)
    Chao das Lagas (1.060 m)
    Alto da Chá (1.021 m)

Hidrografía
     Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil.

     O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río.

     En Monforte consérvase a Ponte Vella sobre este río, un dos monumentos característicos da vila. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

Clima
     O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. 

 

     As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse puntualmente a superar temperaturas máximas de 40º; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901