domingo, 18 de septiembre de 2022

IGREXA DE SAN PEDRO DE VIVEIRO - A IGREXA - VIVEIRO

 IGREXA DE SAN PEDRO DE VIVEIRO

A IGREXA

VIVEIRO

Igrexa de San Pedro de Viveiro
     A Igrexa de San Pedro de Viveiro é un templo de culto católico situado na parroquia de San Pedro de Viveiro (concello de Viveiro) na provincia de Lugo.

     De estilo románico, dende o ano 1974 está considerada coma Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.

Historia
     O actual templo data de finais do século XII.

     Porén, a súa orixe remóntase até o século VI, como o pon de manifesto unha epígrafe situada nun perpiaño exterior no que se fai mención a unha restauración do século X.

     É a máis antiga da zona. Foi posteriormente ampliada e reformada nos séculos XII e XVII.

     Ademais do seu interese arquitectónico, no seu interior gárdase unha importante escolma de tallas.

Características
     Presenta un estilo románico de gran pureza, fabricada en cantaría e cachotaría de granito, con parte dos seus muros caleados 

     A cuberta é de lousa, a dúas augas. Consta de nave principal e lateral separadas por arcos de medio punto. Salienta a ábsida semicircular.

     Na fachada, a porta principal arránxase cun arco de medio punto sen enfente ningún, con espadana de dobre corpo e dous vans.

     Porta lateral románica, tapiada. No beirado salientan os antigos canzorros con diversas formas, especialmente os da ábsida. Existen varias inscricións nos muros exteriores.

     No interior atopamos un arco triunfal, bóveda de canón en nave, retablo maior neoclásico e lateral barroco, con tallas de interese e varias pezas antigas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901