viernes, 28 de mayo de 2021

PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS - SANTE - LARO - SILLEDA

 PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS

SANTE

LARO

SILLEDA

Petroglifos en Silleda
     Outras mostras da cultura prehistórica a salientar son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada.

      Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. 



Petróglifo Pena das Cazolas    

     Situación: Sante, Laro
     Época: Idade do Bronce
     Cronoloxía: 2000-1500 a.C.


     Os petróglifos localízanse maioritariamente nunha laxe lixeiramente inclinada cara ao SSW, a carón doutra peneda que a cabalga e que foi desprazada do seu lugar orixinal e que tamén posúe algúns gravados na súa cara vertical.

     A laxe principal contén unha barroca composición a base de motivos escaleiriformes e dunha vintena de combinacións circulares, asociadas a aqueles. 

     Tamén se observan motivos cadrangulares, cazoletas e unha serie de liñas curvas que se unen aos anteriores.

     Estes petroglifos mostran un gran paralelismo cos de Chao de Petos, pola reiterada asociación de círculos e escaleiras.


Laro
Lugares:
     Forcas, Freixeiro, Galán, Laro, A Pereira, O Pereiro, Riobó, San Marrtiño, Sante, O Souto, A Calvela, A Gandarela, Pelures. 

Información turistica:    
     É a cuarta parroquia máis poboada de Silleda. Conforma un núcleo rural de certa importancia en servizos dentro da xeografía do concello que atende ás parroquias colindantes.

     Algunhas empresas relacionadas co metal, a producción láctea e os servizos, incluíndo panaderías e fábrica de gaseosas (máis antiga da comarca),  garantizan a estabilidade da poboación, feito este que se ve fortalecido coas importantes estradas que a cruzan e que van de Silleda ao Carballiño e de Lalín a Pontevedra, coma noutro tempo o facían os Camiños de Arrieiros que levaban ao Ribeiro e á Ulla.


     No aspecto histórico, sobresaen o Cruceiro do Camiño (1171), a igrexa parroquial do S.XIX  preto do Castro, a capela do Pereiro, e os gravados rupestres da Pena das Cazolas da idade do bronce.

     No apartado gastronómico, como non podía ser menos, as carnes, de fama ben gañada, pódense comer na "Parrillada  Milenio" situada en Freixeiro. 

     Mais, se algo lograron os veciños de Laro, foi elevar un produto sinxelo á categoria de prato excelso, a Festa da Tortilla, que ensalza ás amas da casa e visitantes e ás autoridades  que se convidan para dar o pregón.

Festividades:    
     San Salvador que se honra a 1ª fin de semana de Agosto.
     Festa da Tortilla. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO PEDRA DAS FERRADURAS - FENTÁNS - SAN XURXO DE SACOS - CERDEDO COTOBADE

 PETRÓGLIFO PEDRA DAS FERRADURAS

FENTÁNS

SAN XURXO DE SACOS

CERDEDO COTOBADE

 
Gravados rupestres de Fentáns
     O concello de Cerdedo-Cotobade alberga numerosos gravados rupestres.

     Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados.


     Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros eo Couto do Rapadoiro.


A Pedra das Ferraduras:
    Na parte superior desa rocha represéntase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que se conservan, que parecen camiñar deica unha combinación de círculos concéntricos.


     A parte sur está dominada por unha escena de caza ou acoso, constituída por sete figuras antropomorfas reducidas á mínima expresión que portan armas e rodean aos cervos. A rocha contempla ademais tres deseños dos denominados ídolos-cilindros.


San Xurxo de Sacos
     San Xurxo de Sacos está situada no centro do Concello de Cerdedo-Cotobade e limita con Campo Lameiro.

     Está dividida en dez entidades de poboación:

     Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 519 habitantes (segundo o INE de 2015).


Fentáns
     Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

    Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.


Características
      É a única parte do concello na beira dereita do río Lérez.

     Para chegar alí antigamente cruzábase pola ponte de San Xurxo, do século XVIII, pero no ano 2002 fíxose unha nova pola que pode pasar o tráfico rodado.

     Neste lugar está a capela da Nosa Señora de Lixó e a Virxe dos Remedios, a carón dun peto de ánimas e do cruceiro de Lixó.

     Pero o lugar destaca especialmente polo alto número de restos arqueolóxicos. Entre todos eles destaca a Pedra das Ferraduras, pero tamén están o petróglifo do Outeiro do Morcego (5 grupos), o do Coto da Braña, o do Outeiro da Besta, a Laxe dos Cervos, a Chan do Rapadoiro, o Coto do Rapadoiro, a do Camiño da Balboa, e os petróglifos de Lixó.

     Son da Idade de bronce, con inscricións de cazoletas, de figuras circulares e zoomórficas (de cervos).

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Cerdedo Cotobade

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 26 de mayo de 2021

PONTELLA DE LAXE DE RABIÑOSO - VILAR RAMILO - GÁNDARA - RÍO PARGA - ZAS

 PONTELLA DE LAXE DE RABIÑOSO

VILAR RAMILO

GÁNDARA

RÍO PARGA

ZAS

 Santa María de Gándara
     Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.


Natureza

    Pico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira.
    Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo.

Lugares de Gándara
      Budián, Gándara, Parga, Quintáns, O Sisto, Sobreira, Vilaestévez, Vilar Ramilo 

 Comarca da Terra de Soneira
     A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. 

   Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

martes, 25 de mayo de 2021

FORNELA NA IGREXA DE SIMES - MEAÑO

 FORNELA DA PRAZA DA IGREXA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE SIMES

SIMES

MEAÑO

 Simes
     Santa María de Simes é unha parroquia que se localiza no leste do concello pontevedrés de Meaño.

     Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 542 habitantes (283 mulleres e 259 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 561 veciños, e 2005 cando eran 564. Ten unha superficie de 6,05 km².

Patrimonio histórico-artístico
     Cómpre destacar a igrexa parroquial, románica do século XIII, que conserva a portada e o presbiterio e, ao seu carón, dous interesantes cruceiros.

          No adro da igrexa hai unha fornela coa imaxe da Virxe.


     Nesta parroquia atópase un dos escasísimos exemplos de hórreos en "L" que se conservan en Galicia.

Lugares de Simes    
      A Igrexa, Aguís, O Souto, Pazos, Quintáns, Vilariño

Comarca do Salnés
     A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa, á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

     Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

     Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia.

     No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense.

     Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA