MÁMOA ALTAR DO SOL
ALPERÍZ
PARADA
LALÍN
Alperiz
Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.
Segundo o INE, no 2008 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.
Historia
Alperiz foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santa María de Parada. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Alperiz como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.
Patrimonio
O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.
Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.
Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.
Historia
Logo do arranxo parroquial da diocese de Lugo de 1890, que suprimiu a parroquia de San Pedro de Alperiz, esta incorporouse á parroquia de Parada.
Patrimonio
O castro de Parada está acollido á defensa natural do río Arnego. Confórmase a partir dun recinto principal de forma ovalada cun sutil estrangulamento na zona oriental. O eixo de maior é o N-S, que mide 100 m ao interior e 135 m ao exterior. O eixo L-O ten 80 m no interior e 100 no exterior. Todo o recinto aparece defendido cun terraplén. Na zona occidental hai restos dun parapeto. A zona central da coroa está ocupada por un afloramento de rochas graníticas e xistosas, que levanta entre 3 m e 4 m, reducindo a superficie habitable. Cara ao SSL o terraplén é de maiores proporcións, cunha caída menos vertical que no resto do recinto. Aquí é onde se sitúa a entrada ao recinto principal pola simple interrupción do terraplén. Ao traspasar a entrada accédese a unha área deprimida, delimitada polos bordos do propio terraplén e pola caída sur do afloramento que ocupa o centro do recinto. Esta zona está invadida por cascallos e vexetación, polo que non se poden precisar máis as súas características construtivas.
O regueiro do Ferro segue o curso dun río que levaba a antigas explotacións mineiras. A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego é unha ponte romana.
A antiga igrexa da parroquia (xa desaparecida), mencionada como Parada de Felis, foi unha doazón feita a Carboeiro no ano 928 e estaba construída na cima do castro. No 1750 foi construída a actual igrexa.
Lugares de Parada
Alperiz, A Eirixe, Parada
Comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
Situación
A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901