IGREXA DE SANTA MARÍA MANDANELA
CERDEIRA
SAN XOÁN DE RÍO
Cerdeira
Santa María Madalena de Cerdeira é unha parroquia do concello ourensán de San Xoán de Río na comarca da Terra de Trives.
Segundo o IGE en 2014 tiña 59 habitantes (33 homes e 26 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 99 habitantes.
Lugares de Cerdeira
O Aciveiro, Cerdeira, As Guístolas, Ousecende, San Xulián
San Xoán de Río
San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives.
Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio é riés.
Xeografía
O concello, de 61,1 km², abrangue 9 parroquias e está situado na zona montañosa da comarca da Terra de Trives, entre a serra de Castrelo e o monte Cerengo (1.286 m). Limita ao norte con Ribas de Sil, ao sueste coa Pobra de Trives (a través do río Navea), e Chandrexa de Queixa e ao oeste con Castro Caldelas.
Abrangue un terreo sen fortes pendentes, no val do río Navea até a serra da Moa. A capital está no lugar do Campo, a 4 km do alto de Cerdeira. Está comunicada a través da estrada OU-536 que une Ourense coa Rúa, e mediante a estrada N-120 a través da serra da Moa.
Patrimonio
Na idade media construíuse unha fortaleza no lugar da Torre Vella. Foi derruída, e a pedra foi utilizada na reconstrución do castelo de Castro Caldelas.
A igrexa de San Xoán de Río é de orixe románica tardía, con bóvedas de cruzaría góticas nos altares laterais. Ten unha inscrición, indicando que foi rematada en 1691 sendo abade Alonso Bermúdez. Ten planta basilical con tres naves, con cruz latina no exterior e cadansúa ábsida. Os arcos son de medio punto e as bóvedas de canón. A cúpula é octogonal, sustentada por pendentes. Os retablos son barrocos, de 1782, con elementos vexetais e columnas salomónicas. Nela hai tres petos das ánimas do século XVIII. No templo consérvanse pezas de xoiaría coma a cruz, a custodia, o cáliz (do século XVIII) e o incensario (do século XVII).
Parroquias de San Xoán de Río
As Cabanas (San Paio), Castrelo (Santa María), Cerdeira (Santa María Madanela), Medos (Santa Mariña), San Silvestre de Argas (San Silvestre), San Xoán de Río (San Xoán), San Xurxo (Santa María da O), Seoane de Argas (San Xoán), Vilardá (Santa María)
Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.
Poboación
No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.
Xeografía
A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros.
A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.
Turismo
O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901