domingo, 16 de mayo de 2021

CANASTROS DO CAMPO DA IGREXA - AMOEIRO

 CANASTROS DO CAMPO DA IGREXA

CAMPO DA IGREXA

AMOEIRO

 Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».


Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.


Historia
     No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

     No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

     Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

     As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

     En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

     Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.


     Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago,| Rouzós (San Cibrao). Trasalba (San Pedro)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO A VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901