domingo, 16 de mayo de 2021

ALDEA ABANDONADA DE SILVARES - MERZA - VILA DE CRUCES

 ALDEA ABANDONADA DE SILVARES

MERZA

VILA DE CRUCES

 Silvares
     Silvares é un lugar da parroquia de Merza, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 estaba deshabitado, o mesmo que no ano 2000.

Merza
Santa María de Merza é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 403 habitantes (199 homes e 204 mulleres), 121 menos ca en 2004 (272 homes e 252 mulleres) e 146 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación.


Hidrografía
     O río Toxa crea, antes de desembocar no río Deza, unha das fervenzas máis importantes de Galicia, a fervenza do Toxa. Á beira deste río atópase o mosteiro de Carboeiro, considerado un dos mellores expoñentes do románico galego.

     Aínda que tanto a fervenza coma o mosteiro pertencen aos termos do concello de Silleda, existe unha ruta de sendeirismo por esta parroquia que une ambos os emprazamentos.


Patrimonio
A igrexa parroquial conserva elementos da primitiva fábrica románica, da segunda metade do século XII. A ábsida semicircular, dividida ao exterior en tres partes por dúas semicolumnas apoiadas, cunha fiestra seteira no central; a arquivolta tórica en semicírculo peraltado da porta principal; o arco triunfal, a bóveda de canón e algúns canzorros.

     O seu pasado fidalgo queda reflectido no Pazo da Torre, con escudo, chemineas e contorno arborado; na casa dos Villar-Somoza, do século XVIII; e nas de Caxide (no Outeiro) e Parceiro (en Sulago).


Lugares de Merza
     A do Breixa, Carrás, Espil, A Moa, O Outeiro, Paradela, Reboredo, Silvares, Sulago, Valboa


Vila de Cruces
     Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).


Festas e celebracións
     A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).

Entroido
     Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.

 Gastronomía
     Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.

      Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.


Parroquias de Vila de Cruces    
     Añobre (San Pedro), Arnego (Santa María), Asorei (Santa María), Bascuas (Santa Mariña), Besexos (San Fiz), Bodaño (San Mamede), Brandariz (San Miguel), Camanzo (San Salvador), Carbia (San Xoán), As Cruces (Nosa Señora da Piedade), Cumeiro (San Pedro), Duxame (San Miguel), Ferreirós (San Xes), Fontao (Santiago), Gres (Santiago), Larazo (San Xoán), Loño (San Mamede), Merza (Santa María), Obra (San Tomé), Oirós (Santa María), Ollares (Santa María), Piloño (Santa María), Portodemouros (San Salvador), Sabrexo (Santa María), Salgueiros (San Pedro), San Pedro de Losón (San Pedro), San Tomé de Insua (San Tomé), Toiriz (San Xoán)


Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.


Situación
      A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901