viernes, 28 de mayo de 2021

PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS - SANTE - LARO - SILLEDA

 PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS

SANTE

LARO

SILLEDA

Petroglifos en Silleda
     Outras mostras da cultura prehistórica a salientar son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada.

      Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. 



Petróglifo Pena das Cazolas    

     Situación: Sante, Laro
     Época: Idade do Bronce
     Cronoloxía: 2000-1500 a.C.


     Os petróglifos localízanse maioritariamente nunha laxe lixeiramente inclinada cara ao SSW, a carón doutra peneda que a cabalga e que foi desprazada do seu lugar orixinal e que tamén posúe algúns gravados na súa cara vertical.

     A laxe principal contén unha barroca composición a base de motivos escaleiriformes e dunha vintena de combinacións circulares, asociadas a aqueles. 

     Tamén se observan motivos cadrangulares, cazoletas e unha serie de liñas curvas que se unen aos anteriores.

     Estes petroglifos mostran un gran paralelismo cos de Chao de Petos, pola reiterada asociación de círculos e escaleiras.


Laro
Lugares:
     Forcas, Freixeiro, Galán, Laro, A Pereira, O Pereiro, Riobó, San Marrtiño, Sante, O Souto, A Calvela, A Gandarela, Pelures. 

Información turistica:    
     É a cuarta parroquia máis poboada de Silleda. Conforma un núcleo rural de certa importancia en servizos dentro da xeografía do concello que atende ás parroquias colindantes.

     Algunhas empresas relacionadas co metal, a producción láctea e os servizos, incluíndo panaderías e fábrica de gaseosas (máis antiga da comarca),  garantizan a estabilidade da poboación, feito este que se ve fortalecido coas importantes estradas que a cruzan e que van de Silleda ao Carballiño e de Lalín a Pontevedra, coma noutro tempo o facían os Camiños de Arrieiros que levaban ao Ribeiro e á Ulla.


     No aspecto histórico, sobresaen o Cruceiro do Camiño (1171), a igrexa parroquial do S.XIX  preto do Castro, a capela do Pereiro, e os gravados rupestres da Pena das Cazolas da idade do bronce.

     No apartado gastronómico, como non podía ser menos, as carnes, de fama ben gañada, pódense comer na "Parrillada  Milenio" situada en Freixeiro. 

     Mais, se algo lograron os veciños de Laro, foi elevar un produto sinxelo á categoria de prato excelso, a Festa da Tortilla, que ensalza ás amas da casa e visitantes e ás autoridades  que se convidan para dar o pregón.

Festividades:    
     San Salvador que se honra a 1ª fin de semana de Agosto.
     Festa da Tortilla. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901