martes, 18 de mayo de 2021

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CORNOCES - CORNOCES - AMOEIRO

 IGREXA DE SAN MARTIÑO

CORNOCES

AMOEIRO

Cornoces

     Cornoces é un lugar da parroquia de Cornoces no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense.

     Tiña 111 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 71 eran homes e 40 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 112 habitantes (70 homes e 42 mulleres).

Patrimonio
     A igrexa de San Martiño de Cornoces foi consagrada no ano 1200, sgundo consta nunha inscrición na fachada sur. 

     Foi construída sobre un primitivo poboado castrexo.

    Na fachada ten un tímpano historiado con figuras, probablemente de San Martiño. A porta sur é sinxela e estreita. Sobre a cornixa da nave principal e da ábsida hai canzorros simples. Sobre o testeiro da ábsida álzase unha cruz antefixa coa respresentación de Cristo crucificado.

       A espadana é barroca con dous arcos de medio punto. Xunto á igrexa está a casa reitoral, de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría de granito. O cemiterio esténdese arredor do templo.

    A igrexa aparece citada na novela Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo.

    A capela de Santo Estevo, tamén chamada capela das Candelas, é unha construción baixomedieval, antiga igrexa parroquial. O seu adro era o antigo camposanto. Ten planta rectangular con peche de cachotería e pórtico con cuberta na entrada apoiada sobre dúas columnas de pedra de labra ruda.

A porta é alintelada, e a cuberta a tres augas, de tella curva, e con cruz de pedra no cumio. Ten pequenas xanelas ou ventás tanto na fronte como nos laterais.

       No seu interior garda as figuras de Santo Estevo e das Candelas, esta de pedra en estilo románico asentada nun camarín dunha peza co neno no colo e coa lenda ERA CLII.

Lugares de Cornoces
      Bubeiras, Codeseda, Cornoces, Os Garabatos, Sabariz, Santa Baia 

Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».


Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño.

     Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.


Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago), Rouzós (San Cibrao), Trasalba (San Pedro) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



1 comentario:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901