martes, 11 de mayo de 2021

ERMIDA DE SAN BIEITO DE COVA DO LOBO - BARBADÁS

  ERMIDA 

DE 

SAN BIEITO DE COVA DO LOBO

BARBADÁS

 ERMIDA DE SAN BIEITO DE COVA DO LOBO

     Ermida rural das máis antigas de Galicia


     Nela celébrase a Romaría de san Bieito o 11 de xullo, aínda que o día 21 de marzo ten lugar o chamado san Bieito do Inverno.

     Tanta importancia ten a ermida como os enormes penedos de granito das proximidades, como O Tangaraño, que o pobo venera debido ás crenzas dos seus poderes de sandar.


     A edificación actual é do século XX, pero a tradición da capela vén desde a idade media. Ten un pórtico na fachada principal, sobre el unha terraza balconada á que se accede por unha porta desde o interior. Baixo esa cuberta está a porta de entrada adintelada, con dous ocos rectangulares nos laterais.

     A planta é rectangular, e o presbiterio está máis elevado que o resto, a cuberta é a catro augas e os finais teñen pináculos nas catro esquinas. Pola parte traseira do presbiterio ten a sancristía con planta rectangular, que sobresae polo lado norte, con cuberta a dúas augas, e con varios ocos nos muros ademais de porta de entrada desde o exterior. A ermida ocupa unha situación privilexiada desde a que se pode ver o val.

Barbadás
     Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003). O seu xentilicio é barbadés ou barbalatense.

Xeografía
     O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte con Ourense. O seu principal núcleo é A Valenzá, vila dormitorio de Ourense.

     Cara ao norte está o río Miño, ao que se dirixe o río Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.


Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo é un templo de orixe románica. No exterior ten grandes contrafortes e ménsulas no tellado. Na portada lateral ten un arco apuntado de transición ao gótico, coroado por unha arquivolta de bólas. No interior hai un retablo barroco. Nesta mesma parroquia está a capela de San Xoán, de estilo neogótico.

     A igrexa de San Martiño de Loiro foi construída en 1110 e modificada posteriormente. Da primeira etapa conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica. Ten dúas portas laterais, e na fachada principal unha porta con arquivoltas e tres mediacanas rodeando o tímpano, que ten unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz. Sobre ela hai unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas. Na cuberta da nave hai unha cruz, e no testeiro da ábsida un Agnus Dei.

     A ermida de San Bieito, na Cova do Lobo, é un pequeno templo, onde se celebra unha romaría.

     A igrexa de San Bernabeu da Valenzá construíuse en 1576, trala epidemia que asolagou a zona entre 1569 e 1571. Ten unha capela pegada, mandada construír en 1584 polo capitán Tomé Rodríguez Punxín, retornado das Indias.

     A igrexa de San Lourenzo de Piñor é do século XVI. A fachada está flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por un fornelo coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un deseño renacentista, e o acceso ao templo faise mediante unha grande escalinata barroca. O campanario está coroado cunha balaustrada.

     O pazo de Bentraces foi construído no século XV como residencia episcopal do mosteiro de Celanova. A familia portuguesa Soarez Tanxil transformouno en casa señorial. Da primeira época consérvase a área que une as tres edificacións actuais.

     O pazo de Piñor é do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina con ampla balaustrada barroca. Ten dúas edificacións anexas de dúas alturas, a máis moderna de planta rectangular. Dispón dunha capela próxima o edificio. A leira está rodeada por un muro de pedra.

     A capela de San Amaro, en Barbadás, ten un peto de ánimas.

Parroquias de Barbadás     
     Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María), A Valenzá (San Bernabeu)

VIDEO


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901