FERVENZA DA PENEDA
RÍO ARNOIA
ARNOIA
Patrimonio natural de Arnoia
A terra de Arnoia comprende, ademais da área do val en donde se traballan os cultivos de viñas e hortalizas unha zona alta, de orografía rochosa e practicamente despoboada. É terreo forestal, que representa algo mais da metade do termo municipal, no que o pino avanza sobre as frondosas.
A través das “fortes costas esmaltadas de viñas” (Otero Pedrayo), o arnoiés comtempla o perfil do Coto Novelle, o pico máis alto do municipio, cos seus 714 metros.
Dentro da relación de espazos naturais recollidos polas Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento realizadas pola COTOP (Xunta de Galicia), aparecen como catalogados as ribeiras do Miño, a delimitación do espacio presenta unha zona de influencia antrópica, cos aterrazamento de viña e de horta. O seu principal interese é paisaxístico.
Tamén debe ser tido en consideración o cañón do río Arnoia, que da lugar a paraxes como A Peneda, bosque onde abondan sobreiros, cun vello pobo abandoado, as recuperadas fábricas da electricidade, e as augas do Arnoia que “el accidentado suelo as obliga continuamente a colarse entre las rochas que las rompen en mil espumas”, e siguen dicíndonos os autores de “Ourense Natural”: “Pocos lugares como este en toda la provincia orensana, deparan en verano sensaciones tan agradables y placenteras”.
Seguindo río abaixo atopamos Silvaescura que lle parece a don Ramón semellante en nome e beleza á Schwarzswald alemana. Mais abaixo o Inquiau, onde se constrúe unha área recreativa no medio do río que se parte en pequenos brazos, recuperando os muíños , en referencia as súas pedras.
Despois de pasar a ponte medieval e máis muíños chegamos á área de recreativa de As Poldras e logo á desembocadura formando dous pequenos illotes graníticos Os Castelos.
As numerosas áreas recreativas, acertadamente integradas na paisaxe; sen estridencias, contribúen a mellorar a oferta turística. Conta o municipio coas áreas de:
A Ínsua (Inquiau).
As Poldras.
A Queixeira.
A Reza.
O enclave privilexiado, a vexetación, o clima, as augas termais e as características fluviais son condicións naturais aproveitadas con acerto e coidadas con esmero, e posibilitan unha rica e novedosa oferta turística no municipio.
Río Arnoia
O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.
Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.
Curso
Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede
Percorrido
Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova.
Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas.
Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).
Afluentes
Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Concello de Arnoia
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901