LENDA DA SEÑORA DA ESCRAVITUDE
CRUCES
PADRÓN
O Santuario da Nosa Señora da Escravitude é unha igrexa mariana enclavado na Escravitude, aldea da parroquia de Santa María de Cruces, Padrón. A carón do templo pasa o camiño portugués do Camiño de Santiago.
Orixe
A tradición recolle dous feitos que determinaron a construción do templo. O primeiro deles produciuse no 1582, cando Juan Pérez Mondragón, reitor da parroquia de Cruces, estivo a piques de morrer esmagado por unha árbore.
Logo de librarse, en sinal de agradecemento á Virxe María, mandou esculpir unha imaxe da Virxe co neno, que foi situada sobre unha fonte que había no lugar, coñecida desde entón coma a Fonte Santa.
O segundo dos feitos tivo lugar no 1732, cando un salnesán que padecía hidropisía se dirixía xunto coa súa muller e a súa filla cara ao hospital de Santiago de Compostela. Ao seu paso pola Fonte Santa, bebeu a súa auga e pediulle axuda á Virxe, e ao cabo de tres días curouse da súa enfermidade.
A lenda di que daquela exclamou o seu agradecemento á Virxe por curalo "da escravitude" do seu mal, de onde derivaría o nome do santuario. En sinal de gratitude, doou o carro e os bois. Ó espallarse a nova, a fonte comezou a atraer devotos en busca de curación, o que trouxo consigo tamén un aumento das doazóns.
Historia do edificio
Con estas achegas construíuse unha capela onde se albergou a imaxe, chamada xa A Nosa Señora da Escravitude, e co paso do tempo ampliouse ata a actual igrexa. O documento notarial da pintura do retablo maior data a finalización das obras no 1743.
No ano 1885, grazas ao financiamento dun galego enriquecido en América, construíuse unha segunda torre simétrica á que xa tiña o templo no 1743, sendo ese o aspecto do edificio que chegou aos nosos días.
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901