MUIÑO DE SAN BERNANÉ
MARTÍN
SANTA MARIÑA
O INCIO
Santa Mariña do Incio
Santa Mariña do Incio é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 45 habitantes, deles 23 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Santa Mariña do Incio
O Escairo, Fontes, A Lama, O Lugar de Abaixo, Martín, Montemeán, O Pereiro, Río, Santa Mariña
O Incio
O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria.
Censo total
1.797 (2014)
Xeografía
Ten unha superficie de 143 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.
No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.
Montes:
Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
Ríos:
Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoy, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.
Regatos:
Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara) , San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freiseiro e Nogueirido.
Precipitacións:
1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
Temperatura media anual:
12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).
Patrimonio
Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.
Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.
Toldaos en Santa María de Rendar
A Medorra do Castro en Mao
Castros de Lebon e O Castro (Reboiro)
Castro de Belesar (Vilasouto)
Pedra de San Mamede e Pena Escrita (Trascastro)
Pena da Escrita (Rendar)
Agro do Pepe, Penedo da Ferradura (Vilasouto)
Castro de Santa Icía (Pacios)
Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.
Prensa
En 1931 editábase no Incio o semanario Siembra.
Festividades
San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
Santa Lucía, na Cervela.
San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.
Parroquias do Incio
Bardaos (San Xoán), Castelo de Somoza (San Tomé), A Cervela (San Cristovo), Covela (San Pedro), Eirexalba (Santo Estevo), Foilebar (Santa María), Goó (Santa María), O Hospital (San Pedro Fiz), O Incio (Santa Cruz), Laiosa (San Martiño), Noceda (San Xoán), Pacios (Santa María), Reboiro (Santa María), Rendar (Santa María), Rubián de Cima (San Vicenzo), San Pedro do Incio (San Pedro), San Román do Mao (San Román), San Salvador do Mao (San Salvador), Santa María do Mao (Santa María), Santa Mariña do Incio (Santa Mariña), Santalla de Bardaos (San Xulián), Sirgueiros (San Xoán), Toldaos (Santiago), Trascastro (Santalla), Vila de Mouros (San Miguel,| Vilarxoán (San Lourenzo), Vilasouto (San Mamede), O Viso (Santa Cristina)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA