miércoles, 26 de abril de 2017

PASOS E POLDRAS DE SALÓN - ALBARELLOS - BOBORÁS

 PASOS E POLDRAS DE SALÓN
RÍO BARBANTIÑO
ALBARELLOS
SALÓN
BOBORÁS


 Paseo Medioambiental "As Poldras"
     Co "Paseo Medioambiental As Poldras", dende o Concello de Boborás o que se buscou foi a recuperación de sendas e camiños de uso público, restaurando e acondicionando lares de valor medioambiental e cultural que se encontran nos mesmos.



     Durante o paseo o camiñantes poderá ver;  Eiravedra e Valdesenda,  o conxunto de Adegas de Tombelo, o Igresario de Albarellos coa súa igrexa barroca de San Miguel, o pobo abandonado da Seara, o Monte do Coto, o peto de Ánimas de Santa Lucía, o Camiño Real, Salón e o paraxe das Poldras na confluencia dos río Viñao e Avia onde tamén se localizan os lavadeiros e finalmente Pazos de Arenteiro, Conxunto Histórico Artístico dende 1973.



     

     Tenta prestar atención aos paneis e mesas interpretativas do camiño, que explican dunha maneira amena os elementos e lugares característicos polos que camiñas.
Tempo estimado: 1 hora e 30 minutos
Distancia:4,8 km


Albarellos

     San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 353 habitantes, deles 172 eran homes e 181 eran mulleres, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.



Lugares de Albarellos
     Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda



Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).



     Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.



Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.



     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.



Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.



Patrimonio histórico e artístico

     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.



     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.



      A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.



     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.



      O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.



Parroquias de Boborás  
 
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) , Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)



A comarca do Carballiño

     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Boborás
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901