SALÓN
ALBARELLOS
BOBORÁS
Albarellos
San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 353 habitantes, deles 172 eran homes e 181 eran mulleres, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Albarellos
Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda
Boborás
Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).
Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.
O seu xentilicio é boborao ou boborés.
Xeografía
O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense.
Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.
Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia
Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Parroquias de Boborás
Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) , Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)
A comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Estas fitografías, son todas del pueblo de Salón...... ¡ Muy bonito ! Gracias por compartirlas.
ResponderEliminar