XXVI FESTA DO MELINDRE
VIANA DO CASTELO
MELIDE
XXVI Fiesta del Melindre de Melide
“O melindre de Melide protagonista dunha masterclass con vinho verde na EHT de Viana do Castelo”
O Concello de Melide proxecta así a festa no ámbito internacional, acudindo á segunda dunha serie de masterclass que se impartirán nas Escolas de Hotelaría e Turismo da Rexión Norte de Portugal nos vindeiros meses.
A delegación melidense en Viana do Castelo, que estará presente o venres día 28 de Abril, estará encabezada pola alcaldesa Dalia García, o concelleiro de Turismo de Melide, Luís Arias, mestres reposteiros e produtores da Asociación de Repostería Tradicional de Melide e bloggers gastronómicos .
O melindre de Melide e os doces típicos da repostería tradicional melidense, serán os protagonistaso venres día 28 de Abril, dunha xornada de maridaxe con vinho verde na Escola de Hotelaría e Turismo (EHT) de Viana do Castelo (Portugal) para os alumnos da especialidade de pastelería.
Este proxecto de internacionalización da festa na rexión norte de Portugal, pasa pola divulgación dos melindres e doces típicos da repostería tradicional de Melide entre os futuros cociñeiros e hostaleiros que se están formando nas EHT, da man dos mestres reposteiros da Asociación de Repostería Tradicional de Melide.
Na xornada participarán bodegas y vinos de DOC Vinho Verde e membros do ente de Turismo Norte de Portugal, así como persoal docente da EHT de Viana do Castelo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901