MUIÑOS EN SANGUÑEDO
REGO DO MESON
FORCAREI
PONTEVEDRA
O
Concello de Forcarei ocupa, na zona norcentral da provincia de
Pontevedra, unha superficie total de 167,7 km2, cunha altitude media de
625 m., indicativa dunha zona notablemente montuosa.
As cimas máis
elevadas das terras forcaricenses son o monte Seixo (1.014 m), na serra
do Cando, o alto de A Ruza (902 m), na parroquia da Madanela, o monte
Custoia (951 m), en Pardesoa e o alto de San Benito (1.017 m), na serra
do Candán.
Nesta serra nacen as fontes que dan orixe ó río Lérez: a
fonte do Rego Dedra, fonte do Pao Dereito, fonte do Rego das Latas e
fonte do Forno Telleiro. O río Lérez baña as terras de Aciveiro,
Pereira, Dúas Igrexas, Forcarei e Castrelo, mentres na zona norte nace o
río Umia, nas proximidades do lugar da Reigosa, índose logo polos
límites coas terras estradenses.
Forcarei
limita pola zona oriental co Concello de Lalín, do que o separan os
montes do Testeiro e a serra do Candán. Esta última, na cima de San
Benito, serve de linde ós Concellos de Lalín, Silleda e Forcarei.
Polo
sector norte e nororiental irmándase coas veciñas terras de Silleda, e
polo noroccidental coas do Concello de A Estrada.
Na parte suroccidental
limita co Concello de Cerdedo e incide, coa fronteira natural da serra
do Cando, nos territorios de Cotobade e A Lama, encontrándose no sur
coas terras ourensás de Beariz e Irixo.
Canto
ás comunicacións, é preciso destacar a estrada N-541, que atravesa o
Concello na zona sur, debuxando un triángulo co tramo Folgoso - Silleda e
a serra do Candán.
As trece parroquias que compoñen o Concello de
Forcarei están unidas entre si e coa capitalidade do Concello por
estradas artelladas en torno a esta e a Soutelo de Montes, como núcleos
principais de poboación e de actividade económica e social.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube