MUIÑOS
DE
PONTE CAROLLO
CARDAMA
OROSO
DE
PONTE CAROLLO
CARDAMA
OROSO
O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.
A autoestrada A-9 ten en Sigüeiro un servizo de entrada e saída só en dirección A Coruña. A liña de ferrocarril das dúas mencionadas cidades, ten próximo de Sigüeiro o apeadeiro de Oroso e a estación de Garga Trasmonte. Ademais da estrada citada sae outra de Sigüeiro a Frades polas parroquias de Gándara, Vilaromarís e Calvente.
Nela nacen varios ramais que enlazan as outras parroquias e lugares do municipio. Os límites de Oroso son o municipio de Santiago e O Pino polo sur, Trazo polo oeste, Tordoia e Ordes polo norte e Frades polo leste.
O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos.
O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso.
A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre.
Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales.
O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.
O concello de Oroso está constituído por un total de 11 parroquias:
Oroso (San Martiño), Trasmonte (Santo Estevo), Deixebre (Santa María), A Gándara (San Miguel), Cardama (Santa María), Senra (Santa Eulalia), Vilarromariz (San Tomé), Os Ánxeles (San Mamede), Marzoa (San Martiño), Calvente (San Xoán) e Pasarelos (San Román).
Son moitas as mostras da arquitectura relixiosa no Concello de Oroso, igrexas, cruceiros e festividades santas configuran o conxunto.
En total son 11 as igrexas que atopamos esparexidas ao longo do territorio, e 3 as capelas que atopamos nas parroquias de Calvente, Trasmonte e Os Ánxeles.
Muiños
Polos regos e ríos do Concello hai dispersos un bo número de muíños, algúns deles aínda en funcionamento. A destacar os seguintes:
Muiño da Grela (Marzoa)
Muiño do Trillo (Gándara)
Muiño de Vigo ou do Rego Tellado (Costa - Trasmonte)
Muiño da Ribeira (Trasmonte)
Conxunto etnográfico dos muiños de Senra e de Cardama
Maquía da Ponte Marzoa (Marzoa)
Polos regos e ríos do Concello hai dispersos un bo número de muíños, algúns deles aínda en funcionamento. A destacar os seguintes:
Muiño da Grela (Marzoa)
Muiño do Trillo (Gándara)
Muiño de Vigo ou do Rego Tellado (Costa - Trasmonte)
Muiño da Ribeira (Trasmonte)
Conxunto etnográfico dos muiños de Senra e de Cardama
Maquía da Ponte Marzoa (Marzoa)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901