PEDRE
CERDEDO
PONTEVEDRA
No 2010 vivían en Pedre 215 veciños (115 mulleres e 105 homes), un 2,38% máis que o ano anterior (había 210 veciños). Ata o 2005 (con 191 veciños), a parroquia tiña un modelo poboacional normal do rural galego (baixadas de poboación pequenas pero constantes).
Pero dende ese ano, todo cambiou, a poboación volveu despegar e 3 anos despois eran 222 os residentes. Preséntanse dende entón subidas e baixadas dependendo do ano.
Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.
A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.
No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.
Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte romana, formada por tres arcos.
Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.
En Vichocuntín hai unha ponte romana, composta por un so arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con barandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. Tamén hai un peto de ánimas cun cruceiro.
En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901