domingo, 29 de diciembre de 2013

CAPELA DOS MILAGROS - VILARIÑO - FORCAREI

CAPELA DOS MILAGROS
VILARIÑO
FORCAREI
PONTEVEDRA

     
     O Concello de Forcarei ocupa, na zona norcentral da provincia de Pontevedra, unha superficie total de 167,7 km2, cunha altitude media de 625 m., indicativa dunha zona notablemente montuosa. 



 
     As cimas máis elevadas das terras forcaricenses son o monte Seixo (1.014 m), na serra do Cando, o alto de A Ruza (902 m), na parroquia da Madanela, o monte Custoia (951 m), en Pardesoa e o alto de San Benito (1.017 m), na serra do Candán. 



 
     Nesta serra nacen as fontes que dan orixe ó río Lérez: a fonte do Rego Dedra, fonte do Pao Dereito, fonte do Rego das Latas e fonte do Forno Telleiro. O río Lérez baña as terras de Aciveiro, Pereira, Dúas Igrexas, Forcarei e Castrelo, mentres na zona norte nace o río Umia, nas proximidades do lugar da Reigosa, índose logo polos límites coas terras estradenses.
 


     
     Forcarei limita pola zona oriental co Concello de Lalín, do que o separan os montes do Testeiro e a serra do Candán. Esta última, na cima de San Benito, serve de linde ós Concellos de Lalín, Silleda e Forcarei. 



 
     Polo sector norte e nororiental  irmándase coas veciñas terras de Silleda, e polo noroccidental coas do Concello de A Estrada. 




    Na parte suroccidental limita co Concello de Cerdedo e incide, coa fronteira natural da serra do Cando, nos territorios de Cotobade e A Lama, encontrándose no  sur coas terras ourensás de Beariz e Irixo.
 



 
     Canto ás comunicacións, é preciso destacar a estrada N-541, que atravesa o Concello na zona sur, debuxando un triángulo co tramo Folgoso - Silleda e a serra do Candán. 


     
     As trece parroquias que compoñen o Concello de Forcarei están unidas entre si e coa capitalidade do Concello por estradas artelladas en torno a esta e a Soutelo de Montes, como núcleos principais de poboación e de actividade económica e social.

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901