ANTIGA CARCERE DE DISTRIZ
ALBARELLOS
BOBORÁS
Antiga carcere de Distriz
Ubicada en Distriz. Edificación feita completamente en pedra, con grandes perpiaños e zonas de cachotería. Cubertas de tella a duas e tres augas. Ten varias estancias e pasos exteriores que as comunican, escaleiras en pedra e unha columna robusta na entrada rematada cun pináculo.
Distriz
Distriz é un lugar da parroquia de Albarellos no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Tiña 16 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 10 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 16 habitantes (6 homes e 10 mulleres).
Albarellos
San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos que en 2006.
Lugares de Albarellos
Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda
Boborás
Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).
Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.
Xeografía
O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.
Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia
Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Parroquias de Boborás
Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)
VIDEO
MAPA
Fuente: Concello de boborás
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901