sábado, 2 de abril de 2022

VILAVERDE - SAN PEDRO DE LEIRO - LEIRO

 VILAVERDE

SAN PEDRO DE LEIRO

LEIRO

 Vilaverde
     Vilaverde é un lugar da parroquia de Leiro no concello ourensán de Leiro na comarca do Ribeiro.

     Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, que eran mulleres.


San Pedro de Leiro
     San Pedro de Leiro é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 529 habitantes, deles 256 eran homes e 273 eran mulleres, isto supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2002.

Lugares de Leiro
     A Agra, Barzamedelle, Leiro, Rubial, Vilaverde

Leiro
      Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

     Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Historia
     Xa no século VI, existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado, coa desamortización de Mendizábal.

     Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Patrimonio
     No concello atópase o mosteiro de San Clodio que se remonta ao século VI e que na actualidade converteuse nun hotel monumento de catro estrelas.

     A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI).

     A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.

Patrimonio natural
     Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.

Parroquias de Leiro    
     Berán (San Breixo), Bieite (Santo Adrao), Gomariz (Santa María), Lamas (Santa María), Lebosende (San Miguel), Leiro (San Pedro), Orega (San Xoán), San Clodio (Santa María), Serantes (San Tomé)

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901