CHOZO DA BARCIA
GANDARÓN
CAMPO
COVELO
A SERRA DO SUIDO
O nome "Suido", fai referencia á familia dos mamíferos omnívoros, aos que pertencen o porco e o jabalí. A Serra do Suido forma límite natural, entre as provincias de Ourense e Pontevedra.
Abarca parte dos municipios de Avión e Beariz en Ourense e os da Lama, Fornelos de Montes e Covelo en Pontevedra. As llanuras altas dificultan a súa precisión jurisdiccional dos límites provinciales, por iso, desde antigo, xa foi zona de litixio entre os Condes de Rivadavia e os de Soutomaior, señores do lugar.
A súa extensión ocupa case 200km. cadrados. Xeológicamente, as formas suaves e cimas sempre verdes do Suido, ten unha orixe precámbrica e Paleozoica, sendo polo tanto, dos terreos máis antigos da Península. Forma parte dun cordón montañoso que divide en dous á rexión galega; ao Leste queda a conca do Miño, polo sur ábrese o Val do Tea, o Monte Pedroso e o Faro de Avión; cara ao Norte continua polos altos de Paraños coa Serra do Testeiro.
A altitude crece ao redor dos 800m., aínda que hai moitos cotos que exceden os 900 m. e algunhas cimas os 1.000 m.
É rectangular, con muros considerablemente anchos, case de 1m. de espesura, debido á carga que teñen que soportar. A porta de entrada é pequena, así como as fiestras. O que máis chama a atención son os arcos de medio punto que se atopan na maioría deles. A clave do arco e as dovelas son os únicos elementos de construción que están traballados. Tamén teñen na parte externa do muro uns contrafuertes, para que o arco non se abra co peso do tellado de granito. O tellado é a dúas augas.
A TÉCNICA
A técnica constructiva dos chozos é románica e data do s.XIII. Segundo os aldeanos, a súa orixe é en grao sumo diverso: anteriores aos mouros, da época dos celtas máis de 1000 anos.
Segundo a tradición oral, xa no século pasado recordábanse como moi antigos. O tope inferior podémolo sinalar nos séculos de difusión do románico (s. XII e s.XIII.
En Pena Corneira, no macizo da Serra de Avión, ai unha pequena igrexa románica, Santa Maria de Lamos (do s.XI-XII), o que nos dá unha referencia de que o estilo románico xa era coñecido na zona por aqueles tempos.
O USO DOS CHOZOS
O chozo é unha construción que acubillaba aos pastores da serra do Suido, cando se turnaban diariamente para coidar o gando ao longo do ano. Nos meses de verán tiñan unha estancia continuada, substituíndo a quenda vecinal por un pastor fixo.
O traballo consistía en levar o gando aos lugares máis adecuados en cada momento e evitar o perigo. As vellos costumes no referente aos ladróns de gando eran ríxidas e sancionadas con graves penas e serve como referencia o lugar denominado "Pena Forcada" (pena do aforcado), que nos fala dunha lei non escrita onde se axusticiaban aos ladróns de gando. En torno a esta edificación principal, estaban unha serie de construcións menores, que se destinaban ao acubillo dos animais, recibindo o nome de "cortillos". Cada familia tiña o seu.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901