sábado, 2 de abril de 2022

PONTE DAS POLDRAS - RÍO AVIA - LEIRO

 PONTE DAS POLDRAS

RÍO AVIA

LEIRO

Río Avia
     O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.

Descrición
     Nace na serra do Suído a 880 msnm, no lugar de Fonte Avia, pertencente á parroquia de Nieva, no concello de Avión.

       Segue unha dirección suroeste-nordeste até chegar ao encoro de Albarellos, entre os concellos de Leiro, Boborás e Avión.

     Despois do encoro segue até Boborás, vira cara o sueste, desde Leiro, fai fronteira entre Cenlle e Leiro até Ribadavia, lugar onde desemboca tras percorrer un total de 36,7 Km.

      En Albarellos, Boborás, atópase o encoro de Albarellos, concedido en explotación a Gas Natural Fenosa. Ten unha capacidade total de 90,73 Hm³. É empregado para a produción de electricidade.

Toponimia
     Avia (e o seu diminutivo río Avión) procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avo na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outro ríos franceses, españois e italianos.

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia.

     O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901