martes, 12 de abril de 2022

PONTE DE CASTRO CAVADOSO - RÍO ARENTEIRO - MOLDES - BOBORÁS

 PONTE DE CASTRO CAVADOSO

RÍO ARENTEIRO

MOLDES

BOBORÁS

Río Arenteiro
      O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia.

     Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois pasa pola aldea de Arenteiriño.

     Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO. 

     Segundo Edelmiro Bascuas, o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium, facendo referencia á prata atopada no curso fluvial.

Moldes
     San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.

Patrimonio
     Nun pequeno outeiro está o castro de Moldes, aínda sen escavar, onde durante moitos anos se celebrou a feira do Castro, a cal foi indo a menos pola proximidade do Carballiño e a competencia das feiras celebradas alí. 

     Sobre a súa croa érguese a igrexa de San Mamede de Moldes, de orixe románica e da orde do Temple. No seu interior atópanse os restos do escritor Antón Losada Diéguez. Ao seu pé está o templo parroquial, de estilo barroco e no que dúas veces ao ano se celebra a festividade de San Bieito.

     A carón da igrexa nova está o campo da feira, a escola municipal e a casa de Manuel Chamoso Lamas. Preto de alí atópanse dous pazos: o pazo de Moldes (onde viviu Antón Losada Diéguez) e o seu carón un pazo recentemente restaurado (pazo dos Tizón) onde se atopa a Adega Extramundi, de viño do Ribeiro.

     Moldes ten máis mostras do seu pasado como as ruínas do castelo de Castro Cavadoso (derruído na Idade Media na revolta dos Irmandiños) e ao seu carón a ponte medieval do mesmo nome que permite cruzar o río Arenteiro.

      Na beira do río consérvanse restos dun muíño de auga, que aínda se utilizaba nos anos 40 e 50. 

     Tamén, no lugar de Paradela, no que en aparencia é unha bodega, atópase unha antiga capela.


Lugares da parroquia de Moldes
     A Groba, Laxa, Miandreiras, Moldes, Nonás, Paradela, Ponterriza, O Porto do Carro, Valiñas, Xesteira 

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901