jueves, 21 de abril de 2022

MUIÑO EN BORRAXAS - REGO DE PORTO DO CARRO - FEÁS - BOBORÁS

MUIÑO EN BORRAXAS

REGO DE PORTO DO CARRO

BORRAXAS

FEÁS

BOBORÁS


 Borraxas
      Borraxas é un lugar da parroquia de Feás no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña un habitante (unha muller), dous menos ca en 2010, cando tiña un home

Feás
      Santo Antón de Feás é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. A parroquia abarca os núcleos de poboación de Feás, Borraxas, Vilachá e A Fenteira.

       A capitalidade parroquial está na aldea de Feás. No século XX sufriu un gran descenso de poboación pola emigración, maiormente a México, pero tamén a Panamá, Venezuela, Suíza, Alemaña e incluso a Suráfrica. Segundo o IGE, en 2012 tiña 427 habitantes (186 homes e 241 mulleres).

     O nome da parroquia ten orixe na palabra latina fenales, é dicir, lugar de feno, de herba seca

Xeografía
     Para chegar a Feás débese usar a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra), desviándose á altura de Brués.

     A parroquia de Feás está situada ó abeiro da cadea montañosa do Testeiro, ó agarimo do norte nas estribacións da serra. A parte máis alta da parroquia localízase no lugar da Fenteira, situada arredor dos 800 metros e chega nas cotas máis baixas ata os 450 metros de Borraxas, atopándose nunha zona de transición A Vilachá e Feás, que teñen unha altitude próxima ós 500 metros. 

     A disposición destes dous últimos lugares semella a dunha zona de aterrazamento formadas nesa transición das terras de montaña cara ós fondos vales que describen os ríos Cardelle e Lodairo, xa en altitudes próximas ós 320 metros. Son estes cursos fluviais os que permitiron a construción de muíños e propician a aparición das primeiras paisaxes de viñedo na zona do Foxo e Amarante.

     Cunha superficie de 12,6 km², o seu terreo está constituído por rochas xistosas que modelan un relevo típico que se prolonga ata as veciñas terras de Beariz e ata o río Lodairo, onde se produce o contacto co dominio granítico, predominante na súa marxe esquerda.

Lugares de Feás
     Borraxas, As Costiñas, O Curro, Feás, A Fenteira, A Vesada, Vilachá

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901