RUINAS DA FERRERIA DA GORGUEIRA
PARADASECA
QUIROGA
A Gorgueira, o ferro do Soldón
Na aldea quiroguesa de Paradaseca consérvanse os restos dunha ferrería fundada hai varios séculos na aldea de Paradaseca, do municipio de Quiroga, consérvanse os restos da antiga ferrería da Gorgueira, un testemuño máis da intensa actividade siderúrxica artesanal que coñeceu a comarca en séculos pasados.
A factoría, totalmente abandonada desde hai moitos anos, áchase nunha singular paraxe dominada polo río Soldón, que nesta zona é un escenario propicio para os deportes de aventura.
A ferrería atópase a poucos metros da aldea de Paradaseca, á que se accede desde Quiroga pola estrada N-120. Á altura de Sequeiros, a catro quilómetros de Quiroga, tomamos un desvío á esquerda en dirección a Soldón e Paradaseca. A poucos metros desviámonos de novo a Paradaseca e Rugando.
Percorridos uns tres quilómetros e pouco antes de chegar ás primeiras casas de Paradaseca, arrinca á dereita un camiño que baixa ata a ferrería. Para chegar á antiga factoría siderúrxica hai que percorrer un quilómetro por unha pista de terra en moi bo estado, entre castiñeiros, oliveirais e algunhas cepas que se resisten ao abandono. A contorna é dunha notable beleza.
O río Soldón creou unha accidentada paisaxe de gargantas e rápidos que salvan as pendentes en espectaculares fervenzas. Esta parte do leito, ata a súa desembocadura no Sil, é un escenario frecuente das actividades deportivas de descenso de canóns desenvoltas polo club de montaña Brío.
A vivenda da ferrería áchase a media ladeira da montaña e o seu estado actual é bastante ruinoso. Consta dun casarón de proporcións medias e pouco valor arquitectónico, onde destaca unha escaleira interior de pedra.
Do almacén, situado xunto á vivenda, só quedan os muros. A construción está totalmente abandonada desde fai máis de trinta anos. O complexo hidráulico da ferrería atopábase na parte de abaixo, a beiras do Soldón. Accedíase a el por un angosto carreiro que salvaba un desnivel de considerable altura. Del non quedan restos na actualidade.
Paradaseca
San Marcos de Paradaseca é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 46 habitantes (26 homes e 20 mulleres), tres máis ca en 2006. Ten unha única entidade de poboación.
Lugares de Paradaseca
Paradaseca
Comarca de Quiroga
A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
VIDEO
MAPA
Fuente: La Voz de Galicia
Texto:C. RUEDA
XOAN ARCO DA VELLA