sábado, 15 de abril de 2023

ESTACIÓN DE MONTEFURADO - MONTEFURADO - QUIROGA

 ESTACIÓN DE MONTEFURADO

MONTEFURADO

QUIROGA


Estación de Montefurado
     Montefurado é unha estación de tren de Adif, situada en Montefurado, no concello de Quiroga, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
      Está situada no punto quilométrico 318,6 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 279 metros de altitude, entre as estacións de Soldón-Sequeiros e A Rúa-Petín. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
       A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña. 

        As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.

       En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

       Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
       Sitúase ao sur do núcleo de Montefurado. O seu edificio para viaxeiros é unha pequena estrutura que cumpre principalmente funcións de refuxio.

     Dispón de dúas vías aos que acceden dúas plataformas, unha lateral e outra central. 

     Unha terceira vía morre nun dos laterais do recinto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901