domingo, 2 de abril de 2023

PORTOCAMBA - CASTRELO DO VAL

 PORTOCAMBA

CASTRELO DO VAL

Portocamba
     San Miguel de Portocamba é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. Ten unha única entidade de poboación.

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 26 habitantes (15 homes e 11 mulleres), dous menos ca en 2010 (15 homes e 13 mulleres). 

     En 2007 tiña 32 habitantes (16 homes e 16 mulleres) seis menos ca en 2000.

Lugares de Portocamba
     Portocamba

Castrelo do Val
     Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003). O seu xentilicio é castrelexo.

Localización
     O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo nordeste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. 

     As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1288 m), Peña Nofre (1291 m) e Cabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. 

     O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.

     A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)

     O camiño de ferro de Ourense a Zamora atravesa o concello.

Historia

     Até 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.

Patrimonio
     No lugar de Pedra Alta atopouse unha estela da Idade de Bronce, ata agora único en Galiza . Está tallada con forma antropomorfa (con catro rebaixes que queren expresar brazos e pernas) e representa un guerreiro con escudo con escotadura en V, unha espada e unha posible lanza, así como un carro tirado por animais. Clasifícase dentro das chamadas "estelas do suroeste" por abundar no suroeste da península.

     Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.

     Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei. 

 Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.

     Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

     Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

     Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901